Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Venres, 2 de setembro de 2022 Páx. 47170

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

ANUNCIO do 12 de agosto de 2022, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifican as resolucións sobre dereito de asistencia xurídica gratuíta acordadas pola Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Lugo (expediente PR204A 2022/1722-2 e trece máis).

Consonte o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo, na súa condición de parte contraria no procedemento (interesados), as resolucións ditadas pola Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Lugo, por non ser posible a súa notificación persoal. A eficacia destas resolucións quedan supeditadas á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

O texto íntegro das resolucións que se notifican, xunto co resto da documentación dos expedientes, están á disposición das persoas interesadas na sede da Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Lugo (rolda da Muralla, 70, 1º, Lugo, das 9.00 ás 14.00, de luns a venres).

As resolucións que se notifican poderán ser impugnadas polas persoas que teñan un dereito ou interese lexítimo, no prazo de dez días hábiles que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio. A impugnación realizarase por medio da presentación dun escrito dirixido á Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Lugo (rolda da Muralla, 70, 1º, Lugo) e será resolta polo xulgado correspondente que poderá impoñer, a quen a promovese de maneira temeraria ou con abuso, unha sanción pecuniaria de 30 a 300 euros.

Lugo, 12 de agosto de 2022

Gerardo Criado Guizán
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Expediente

Parte contraria notificada

PR204A 2022/1722-2

Noelia Carballo Espinoza

PR204A 2022/2042-2

Asesoría de Cobro y Gestión, S.L.

PR204A 2022/2199-2

Pepe Ferreiro

PR204A 2022/2251-2

María Carmen Moncada Alonso

PR204A 2022/2280-2

Jacobo Bascón Díaz

PR204A 2022/2313-2

Iberia Inversiones

PR204A 2022/2333-2

Miguel Castro Monteiro

PR204A 2022/2353-2

Iosif Marian Borcea

PR204A 2022/2428-2

Consellería de Política Social-Lugo

PR204A 2022/2452-2

Freddys Castillo Tavárez

PR024A 2022/2460-2

Hanane Souati

PR204A 2022/2473-2

Manuel José Reija Regueiro

PR204A 2022/2655-2

María Jesús Anido Martínez

PR204A 2022/2660-2

Ernesto Certega Rodríguez