Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Venres, 2 de setembro de 2022 Páx. 47176

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

ANUNCIO do 16 de agosto de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se notifica o requirimento ditado no procedemento de declaración de vir a mellor fortuna pola Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Pontevedra (expediente PR204A 2017/7098-4).

Consonte o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselle á persoa que se relaciona no anexo o acordo ditado pola Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Pontevedra, por non ser posible a súa notificación persoal. A eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

O texto íntegro do acordo que se notifica está á disposición da persoa interesada na sede da Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Pontevedra (avenida María Victoria Moreno, 43, 9ª planta, Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres), para que, no prazo de 10 días hábiles, formule as alegacións, presente os documentos ou achegue as probas que considere pertinentes para a lexítima defensa dos seus dereitos e intereses.

Pontevedra, 16 de agosto de 2022

Ramón Pereiro Santín
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente

Parte notificada

Resolución notificada

PR204A 2017/7098-4

DNI 34872328G

Requirimento de documentación