Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Luns, 5 de setembro de 2022 Páx. 47390

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 11 de agosto de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Lalín (expediente IN407A 2022/048-4).

Expediente: IN407A 2022/048-4.

Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: regulamentación LAL810 de apoio AQM3IAHX//D71-99-4CT.

Concello: Lalín.

Feitos:

Primeiro. O 8 de febreiro de 2022, a empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. solicitou a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública do proxecto de execución da instalación eléctrica regulamentación LAL810 de apoio AQM3IAHX//D71-99-4CT.

Examinado o proxecto de execución, conclúese que consiste nas seguintes actuacións prevista en Cristimil, no concello de Lalín (Pontevedra):

Substitución dos apoios AQQ4GB2R//D71-99-3 e AQM3IAHX//D71-94-4CT por dous apoios metálicos de tipo celosía C-1000/22 e C-3000/14.

Recolocación do centro de transformación 36ABB7 de 50 kVA que se encontra no apoio AQM3IAHX//D71-94-4CT no apoio proxectado C-3000/14.

Instalación dunha liña de media tensión aérea (LMTA) entre os apoios proxectados de 193 metros.

Segundo. Esta xefatura territorial solicitou o preceptivo informe ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizos de interese xeral afectadas, isto é, o Concello de Lalín e Augas de Galicia. A empresa promotora manifestou a súa conformidade co condicionado técnico emitido polo Concello de Lalín.

Augas de Galicia non emitiu condicionado técnico, polo que se entede, en consecuencia, a súa conformidade coa autorización de construción da dita infraestrutura eléctrica, conforme o disposto no artigo 131 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sen prexuízo da autorización que lle corresponda outorgar.

Terceiro. Mediante escrito do 9 de marzo de 2022, esta xefatura territorial notificou a solicitude da autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da referida instalación eléctrica ás persoas afectadas pola declaración de utilidade pública conforme a relación de bens e dereitos achegada pola empresa promotora.

Cuarto. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante Resolución do 9 de marzo de 2022 publicada nos seguintes medios:

– DOG (Diario Oficial de Galicia): 31 de marzo de 2022.

– Xornal Faro de Vigo: 25 de marzo de 2022.

– Taboleiro de anuncios do Concello de Lalín desde o 1 de abril de 2022 ata o 16 de maio de 2022.

Durante o mencionado trámite non se recibiron alegacións.

Quinto. O 14 de xuño de 2022, UFD comunicou que chegou a un acordo coas persoas propietarias das parcelas afectadas e, polo tanto, xa non é necesaria a declaración de utilidade pública das instalacións obxecto do proxecto. Coa solicitude, UFD achega copia dos acordos acadados.

Consideracións legais e técnicas.

Primeira. A Xefatura Territorial de Pontevedra é competente para resolver este expediente con fundamento no Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (DOG nº 126, do 4 de xullo) e no Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 22, do 1 de febreiro).

Segunda. A lexislación de aplicación a este expediente é:

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.

– Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia.

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

– Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.

– Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

– A Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresarias en Galicia (DOG núm. 203, do 25 de outubro).

– Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa.

Terceira. As características técnicas da instalación son as que a seguir se describen:

Substitución dos apoios AQQ4GB2R//D71-99-3 e AQM33IAHX//D71-99-4 CT da LMT LAL8101259, por un C-1000-22 e un C-3000-14, respectivamente. Tendido de 193 metros de LMT aérea a 20 kV, con condutor LA-56, entre os apoios proxectados. Recolocación do centro de transformación intemperie, de 50 kVA, no novo apoio C-3000-14. A instalación está situada en Cristimil, no concello de Lalín (Pontevedra).

Conforme con todo o indicado,

resolvo:

Primeiro. Outorgar á empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. as autorizacións administrativas previa e de construción da instalación de distribución de enerxía eléctrica denominada regulamentación LAL810 de apoio AQM3IAHX//D71-99-4CT (expediente IN407A 2022/048-4), cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no proxecto de execución, ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e ás condicións establecidas nos condicionados dos organismos que constan no expediente.

Segundo. A empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. asegurará o mantemento e a vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguridade. En todo momento deberanse cumprir as normas e directrices vixentes que resulten de aplicación, en particular, canto establece o Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09 e o Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

Terceiro. Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras da instalación autorizada.

Contra a presente resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada ante o vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación da Xunta de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de acordo co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.

Pontevedra, 11 de agosto de 2022

O xefe territorial de Pontevedra
P.A. (Decreto 116/2022, do 23 de xuño; DOG núm. 126, artigos 41.3 e 42.1)
Eugenio Fernández Piñeiro
Xefe do Servizo de Industria