Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Martes, 6 de setembro de 2022 Páx. 47613

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

CÉDULA do 23 de agosto de 2022, da Área Provincial de Turismo de Ourense, pola que se lle dá audiencia ao interesado no procedemento de baixa e cancelación da inscrición no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 82 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común e das administracións públicas, notifícaselle e outórgaselle audiencia ao titular do establecemento que no anexo se menciona, no procedemento de baixa da autorización e cancelación da inscrición no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma de Galicia.

Mediante a visita da Inspección, da Área Provincial de Turismo de Ourense, comprobouse que no establecemento que se relaciona no anexo non se realiza nin exerce a actividade turística para a cal foi autorizado no seu día.

Ao considerar que no expediente non consta ningunha comunicación do cesamento da actividade, esta xefatura territorial acordou, ao abeiro do establecido no artigo 17 do Decreto 82/1987, do 26 de marzo, polo que se crea o Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma de Galicia, iniciar o expediente de baixa de oficio do establecemento relacionado no anexo.

O que se lle notifica ao titular do establecemento referido, para que no prazo de 15 días poida efectuar as alegacións que considere pertinentes, podendo examinar o expediente e obter copias dos documentos contido nel, na Área Provincial de Turismo de Ourense.

Ourense, 23 de agosto de 2022

Cecilio Santalices de la Escosura Mourille
Xefe da Área Provincial de Turismo de Ourense

ANEXO

Establecemento: Pensión Casa do Lombo H-OR-833.

Titular: Juan Carlos Gelabert Aparicio.

Enderezo: Cacidrón, 1.

Concello: Castro Caldelas.