Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Martes, 6 de setembro de 2022 Páx. 47618

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Real Academia Galega de Belas Artes de Nosa Señora do Rosario

ANUNCIO de provisión de catro vacantes de académica/o correspondente.

A Real Academia Galega de Belas Artes anuncia a provisión de catro vacantes de académica/o correspondente. Para ocupar cada unha destas prazas será elixida unha persoa que dese a coñecer os seus méritos artísticos, científicos e culturais.

As persoas que polas súas actividades a prol da arte se consideren en posesión das condicións exixidas para aspirar a esta praza, deberán acreditar os seus méritos mediante a presentación do seu respectivo curriculum vitae e terán que ser propostas, cada unha delas, por tres académicos de número, dentro do prazo de trinta días naturais a partir da publicación deste anuncio.

Domicilio da Real Academia Galega de Belas Artes: praza Pintor Álvarez de Sotomayor, 1, 15001 A Coruña.

A Coruña, 16 de agosto de 2022

Manuel Quintana Martelo
Presidente da Real Academia Galega
de Belas Artes de Nosa Señora do Rosario