Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Martes, 6 de setembro de 2022 Páx. 47616

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vilalba

ANUNCIO das bases reguladoras do procedemento de selección para a provisión temporal, en comisión de servizos, de dous postos vacantes de policía local no cadro de persoal funcionario.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo número 182, do 10.8.2022, publicábase o texto íntegro das bases reguladoras do procedemento de selección para a provisión temporal, en comisión de servizos, de dous postos vacantes de policía local no cadro de persoal funcionario do Concello de Vilalba (Lugo), configuradas de acordo coas seguintes características:

– Grupo: C1.

– Escala: administración especial.

– Subescala: servizos especiais.

– Escala CPL: básica.

– Categoría: policía.

– Nivel de complemento destino: 18.

– Complemento específico anual: 11.301,64 €.

– Adscrición: Administración local.

De conformidade coa base 4ª, o prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais contados desde o seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Os sucesivos anuncios desta convocatoria, cando procedan, publicaranse no taboleiro dixital de anuncios da sede electrónica do Concello de Vilalba (https://vilalba.sedelectronica.es/board).

O texto íntegro das bases estará igualmente dispoñible no indicador 9 da sede electrónica do Concello de Vilalba (https://vilalba.sedelectronica.es).

Vilalba, 10 de agosto de 2022

Elba Veleiro Fernández
Alcaldesa