Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Martes, 6 de setembro de 2022 Páx. 47598

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 26 de agosto de 2022, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación de bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica Cambio de localización do CT 11920 Sargadelos e soterramento da LAT 20 kV Espiñeirido 1 (van 3009993199) V.2, no concello de Cervo (expediente 2021/23 ATE).

Con data do 29 de marzo de 2022, a Xefatura Territorial de Lugo ditou resolución pola que se outorgan á empresa Begasa as autorizacións administrativas previas e de construción, e se recoñece, en concreto, a utilidade pública, da instalación eléctrica denominada Cambio de localización do CT 11920 Sargadelos e soterramento da LAT 20 kV Espiñeirido 1 (van 3009993199) V.2, no concello de Cervo (Lugo).

Esta declaración de utilidade pública, segundo o disposto no artigo 54 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, implica a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e a súa urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954.

De acordo co anterior, esta xefatura territorial, en cumprimento do disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, resolve convocar todas as persoas afectadas coas que non se chegou a un acordo, incluídas na relación de bens e dereitos que se insire como anexo a esta resolución e que se expón tamén no taboleiro de anuncios do Concello de Cervo, deducida da que se someteu a información pública no diario El Progreso do 9 de febreiro de 2022, no BOP de Lugo do 11 de febreiro de 2022 e no Diario Oficial de Galicia do 9 de febreiro de 2022, para que comparezan o día 31 de outubro de 2022 no Concello de Cervo, sinalado como punto de reunión para, de conformidade co procedemento que se establece no citado artigo, levar a cabo o levantamento das actas previas á ocupación.

Desta convocatoria darase traslado aos interesados mediante a oportuna citación individual, na cal se sinalará o día e a hora para o levantamento das actas previas. Así mesmo, no taboleiro de anuncios do Concello de Cervo estará exposta a data do levantamento das actas. Todos os interesados, así como as persoas que sexan titulares de calquera clase de dereito ou interese sobre os bens afectados, deberán acudir persoalmente ou representados pola persoa debidamente autorizada e achegar os documentos acreditativos da súa titularidade e poderán vir acompañados dos seus peritos e dun notario pola súa conta (artigo 52.3 da Lei de expropiación forzosa).

Así mesmo, advírteselles a todos os interesados que poderán formular alegacións por escrito nesta xefatura territorial (rolda da Muralla, 70, Lugo) ata o momento do levantamento das actas previas, para os únicos efectos de corrixir os posibles erros cometidos na relación de bens e dereitos afectados (artigo 56.2 do Regulamento da Lei de expropiación forzosa).

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos, non se saiba o lugar de notificación, ou ben, tentada a notificación, non se puidese realizar (sen prexuízo da correspondente publicación no BOE) e así dirixirlle ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

Lugo, 26 de agosto de 2022

Gustavo José Casasola de Cabo
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Nº de predio

Propietario 

Parcela

Afección

Políg.

Parc.

Lugar

Cultivo

Apoio (m2)

LMTS (m2)

CT (m2)

Oc. perm. obra (m2)

Oc. temp. obra (m2)

1

Descoñecido

38

657

Monte Sargadelos

Prado

9

25

29

47

87