Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Xoves, 8 de setembro de 2022 Páx. 47962

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Aranga

ANUNCIO de convocatoria de estabilización de emprego.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña número 99, do 26 de maio de 2022, publícanse integramente as bases que rexerán os procesos selectivos para cubrir as prazas de estabilización de emprego temporal incluídas na oferta de emprego público de 2020 do Concello de Aranga.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña número 153, do 12 de agosto de 2022, publícanse integramente as bases específicas para prover, mediante concurso, as seguintes prazas de persoal laboral fixo para estabilizar:

– Un técnico deportivo.

– Un técnico pedagogo.

– Un axente de emprego local.

– Dous operarios de servizos.

– Un encargado de obras e servizos.

– Un conserxe-limpador.

– Un limpador.

– Un condutor.

– Un acompañante de condutor.

– Cinco auxiliares de axuda a domicilio.

O prazo de presentación de instancias é de vinte días hábiles, desde o seguinte ao da publicación do extracto do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Aranga, 12 de agosto de 2022

Alberto Platas Álvarez
Alcalde