Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Venres, 9 de setembro de 2022 Páx. 48102

III. Outras disposicións

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 1 de setembro de 2022 pola que se publica o plan de estudos do máster universitario Erasmus Mundus en Sostibilidade e Industria 4.0 Aplicada ao Sector Marítimo, Technische Universität Hamburg-Harburg, Università degli Studi di Napoli Federico II e University of Zagreb.

O máster universitario Erasmus Mundus en Sostibilidade e Industria 4.0 Aplicada ao Sector Marítimo pola Universidade da Coruña, Technische Universität Hamburg-Harburg, Università degli Studi di Napoli Federico II e University of Zagreb, obtivo a verificación do plan de estudos polo Consello de Universidades, logo do informe favorable da Education, Audiovisual and Culture Executive Agency (EACEA), e a autorización da Comunidade Autónoma de Galicia para a súa implantación. O carácter oficial do título e a súa inscrición no Rexistro de Universidades, Centros e Títulos (RUCT) estableceuse por Acordo do Consello de Ministros do 5 de outubro de 2021, publicado, mediante Resolución da Secretaría Xeral de Universidades do 6 de outubro de 2021, no Boletín Oficial del Estado (BOE) do 22 de outubro.

Posteriormente, as universidades participantes presentaron unha solicitude de modificación da proposta inicial para engadir a Technische Universität Hamburg-Harburg no consorcio, que obtivo o informe favorable da Education, Audiovisual and Culture Executive Agency (EACEA).

O Real decreto 1393/2007, do 29 de outubro, polo que se establece a ordenación das ensinanzas universitarias oficiais, modificado polo Real decreto 861/2010, do 2 de xullo, dispón no artigo 28 o procedemento para a modificación de plans de estudo conducentes á obtención de títulos xa verificados.

Polo exposto,

RESOLVO:

Publicar o plan de estudos conducente á obtención do título de máster universitario Erasmus Mundus en Sostibilidade e Industria 4.0 Aplicada ao Sector Marítimo pola Universidade da Coruña, Technische Universität Hamburg-Harburg, Università degli Studi di Napoli Federico II e University of Zagreb, coas modificacións aprobadas, que se estrutura segundo consta no anexo e con efectos desde o curso académico 2021/22.

A Coruña, 1 de setembro de 2022

Julio E. Abalde Alonso
Reitor da Universidade da Coruña

ANEXO

Plan de estudos conducente á obtención do título de máster universitario Erasmus Mundus en Sostibilidade e Industria 4.0 Aplicada ao Sector Marítimo
pola Universidade da Coruña, Technische Universität Hamburg-Harburg,
Università degli Studi di Napoli Federico II e University of Zagreb

Código RUCT: 4317780.

Plan de estudos que se inicia no curso 2021/22.

Estrutura das ensinanzas (Real decreto 1393/2007, anexo I, punto 5.1).

1. Rama de coñecemento a que se adscribe o título: enxeñaría e arquitectura.

2. Distribución do plan de estudos en créditos ECTS, por tipo de materia:

Tipo de materia

Créditos ECTS

Obrigatorias (OB)……..….……………...………

Optativas (OP)…………………………………...

Traballo fin de máster (TFM)……….…………..

Total………………………………………………

48

24(*)

18

90

(*) O alumnado deberá cursar 6 créditos optativos en cada un dos cuadrimestres do 1º curso e 12 créditos optativos no 2º curso.

3. Contido do plan de estudos por cuadrimestre.

Primeiro curso

Primeiro cuadrimestre, impartido na Università degli Studi di Napoli Federico II

Materia

Carácter

Créditos ECTS

Marco regulamentario para a Industria Marítima 4.0

OB

3

Deseño do Buque

OB

6

Combustibles Alternativos para o Transporte Marítimo

OB

3

Análise Estrutural de Buques e Estruturas Offshore

OB

6

Prototipado Virtual

OB

6

Criterios de Estabilidade de Segunda Xeración

OP

3

Robótica e Robótica Submarina

OP

6

Comportamento do Buque na Mar

OP

3

Lingua Italiana

OP

3

Segundo cuadrimestre, impartido na Universidade da Coruña

Materia

Carácter

Créditos ECTS

Tecnoloxías Facilitadoras da Industria 4.0

OB

6

Introdución á Dinámica de Fluídos Computacional (CFD) Mariña

OB

6

Manobrabilidade e Hidrodinámica en Augas Someras

OB

3

Sistemas Intelixentes de Soporte ás Decisións

OB

6

Economía do Transporte

OB

3

Internet das Cousas Aplicado á Industria (IIoT)*

OP

6

Modelos Estatísticos para a Innovación en Tecnoloxía Mariña

OP

6

Vehículos Mariños Autónomos

OP

6

Segundo curso

Primeiro cuadrimestre, impartido na Università degli Studi di Napoli Federico II

Materia

Carácter

Créditos ECTS

Deseño do Buque Intelixente

OP

6

Xestión do Buque e Infoloxística

OP

6

Simulación Numérica de Sistemas de Propulsión Mariños

OP

6

Realidade Virtual e Aumentada para o Deseño do Ciclo de Vida

OP

6

Primeiro cuadrimestre, impartido na Universidade da Coruña

Materia

Carácter

Créditos ECTS

Xemelgos Dixitais en Sistemas Mariños

OP

6

Estabilidade tras Avarías

OP

6

Simulación e Optimización de Procesos de Fabricación do Buque

OP

6

Internet das Cousas Aplicado á Industria (IIoT)*

OP

6

Primeiro cuadrimestre, impartido na University of Zagreb

Materia

Carácter

Créditos ECTS

Deseño Estrutural do Buque

OP

4

Análise Estrutural Avanzada (Colisión e Varada como Criterios de Deseño)

OP

4

Fundamentos de Vibracións do Buque

OP

4

Deseño e Optimización Multicriterio

OP

4

Primeiro cuadrimestre, impartido na Technische Universität Hamburg-Harburg

Materia

Carácter

Créditos ECTS

Métodos CFD Innovadores

OP

6

Tecnoloxía Ártica

OP

6

Primeiro cuadrimestre, impartido en calquera das universidades do consorcio ou asociadas

Materia

Carácter

Créditos ECTS

Traballo fin de máster

TFM

18

* Esta materia será ofertada pola Universidade da Coruña tanto no 2º cuadrimestre do 1º curso como no 1º cuadrimestre do 2º curso. O alumnado que opte por cursar esta materia poderá elixir entre un curso ou outro.

As materias optativas do 1º cuadrimestre do 2º curso poderán realizarse en calquera das universidades do consorcio. O traballo fin de máster poderá realizarse en calquera das universidades do consorcio ou asociadas, aínda que a defensa oficial do devandito traballo se realizará na Università degli Studi di Napoli Federico II.

A unidade temporal de todas as materias é cuadrimestral e no 1º curso existe un equilibrio de créditos entre o 1º e o 2º cuadrimestre.

4. Condicións de terminación.

O alumnado deberá superar 90 créditos ECTS, distribuídos como se indica no punto 2, para obter o título de máster universitario Erasmus Mundus en Sostibilidade e Industria 4.0 Aplicada ao Sector Marítimo pola Universidade da Coruña, Technische Universität Hamburg-Harburg, Università degli Studi di Napoli Federico II y University of Zagreb.