Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Luns, 12 de setembro de 2022 Páx. 48296

III. Outras disposicións

Portos de Galicia

RESOLUCIÓN do 1 de setembro de 2022 pola que se publican os convenios de colaboración asinados no primeiro e segundo cuadrimestres do ano 2022.

Para os efectos previstos na Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, acórdase darlles publicidade aos convenios de colaboración asinados no primeiro e segundo cuadrimestres do ano 2022 e que se relacionan no anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 1 de setembro de 2022

Susana Lenguas Gil
Presidenta de Portos de Galicia

ANEXO

Asinantes

Obxecto

Data de sinatura

Achega de

Portos de Galicia

Portos de Galicia e o Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana

Autorización da cesión de uso de dous locais situados no porto de Muros para a instalación da sede do Distrito Marítimo de Muros

16.2.2022

Non ten

Portos de Galicia e o Concello de Pontecesures

Mellora da eficiencia enerxética das instalacións de potabilización, depuración de augas residuais e desalación das EDAR de Pontecesures e EBAR de Telleiro, no porto de Pontecesures

18.4.2022

Non ten

Portos de Galicia e a Consellería do Mar

Acordo de financiamento e sustentabilidade do proxecto de mellora e modernización das infraestruturas dos portos pesqueiros, das lonxas, dos lugares de desembarque e dos ancoradoiros

13.4.2022

394.177,76 €

Portos de Galicia, Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Porto do Son

Realización de obras en materia de urbanismo e fachada portuaria na vila de Porto do Son

2.5.2022

Non ten

Portos de Galicia e a Axencia Publica de Puertos de Andalucía

Protocolo para a definición de actuacións para Travesía Náutica Xacobeo 2021-2022

9.5.2022

Non ten

Portos de Galicia e a Consellería do Mar

Addenda ao acordo de financiamento e sustentabilidade do proxecto de mellora e modernización das infraestruturas dos portos pesqueiros, das lonxas, dos lugares de desembarque e dos ancoradoiros

5.6.2022

394.177,76 €

Portos de Galicia e a Confederación Española de Pesca

Protocolo de cooperación no deseño e/ou implantación dun modelo de xestión responsable de redes e aparellos de pesca en España dentro do proxecto Reduse II

18.7.2022

Non ten

Portos de Galicia e o Concello de Sanxenxo

Auxilio e colaboración na vixilancia das instalacións do porto de Portonovo no seu conxunto e a ordenación do trafico na vía de acceso

14.7.2022

Non ten

Portos de Galicia e o Concello de Malpica

Auxilio e control da práctica da pesca deportiva e de lecer nas instalacións do porto de Malpica

18.7.2022

Non ten

Portos de Galicia e o Concello de Cervo

Auxilio e control da práctica da pesca deportiva e de lecer nas instalacións do porto de San Cibrao

18.7.2022

Non ten

Portos de Galicia e o Concello de Muros

Auxilio e control da práctica da pesca deportiva e de lecer nas instalacións do porto de Muros

22.7.2022

Non ten

Portos de Galicia e o Concello de Ribeira

Auxilio e control da práctica da pesca deportiva e de lecer nas instalacións dos portos de Aguiño, Palmeira, Castiñeiras e Corrubedo

4.8.2022

Non ten