Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Luns, 12 de setembro de 2022 Páx. 48355

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Teo

ANUNCIO da convocatoria e das bases que regulan o proceso selectivo para a provisión, por persoal laboral fixo, dunha praza de técnico/a informático/a correspondente á oferta de emprego público de 2022.

A Resolución da Alcaldía núm. 949/2022, do 18 de xullo, aprobou a convocatoria e as bases específicas do proceso selectivo para a provisión, por persoal laboral fixo, dunha praza de técnico/a informático no Concello de Teo, correspondente á oferta de emprego público de 2022, coas seguintes características:

– Denominación da praza: técnico/a informático/a.

– Réxime: persoal laboral fixo.

– Unidade/área: Administración xeral.

– Categoría profesional: técnica media.

– Grupo/subgrupo: A2.

– Titulación exixible: grao ou equivalente en enxeñaría informática, diplomatura/titulación universitaria en enxeñaría técnica informática ou equivalentes.

– Sistema selectivo: concurso-oposición.

– Número de vacantes: 1.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña núm. 145, do 2 de agosto de 2022, publicáronse integramente as bases da convocatoria.

Os sucesivos anuncios relativos ao desenvolvemento do proceso selectivo efectuaranse no taboleiro de anuncios da corporación, na páxina web municipal e no portal de transparencia do Concello de Teo: www.teo.gal

Teo, 22 de agosto de 2022

Rafael C. Sisto Edreira
Alcalde