Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Luns, 12 de setembro de 2022 Páx. 48310

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

ANUNCIO do 29 de agosto de 2022 polo que se notifican as resolucións por caducidade de expedientes sancionadores por incumprimento das medidas de prevención e contención en materia sanitaria do Concello de Beariz (expediente SCOVID/BEARIZ/0002 e un máis).

O Concello de Beariz ditou resolución por caducidade do expediente sancionador SCOVID/BEARIZ/0002 e un máis por vulneración da normativa sanitaria.

Intentada a notificación das resolucións por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta nos correspondentes expedientes sancionadores, estas foron devoltas polo servizo de Correos. Por este motivo, e de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación das resolucións ditadas nos procedementos sancionadores en materia sanitaria ás persoas interesadas que figuran no anexo efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia.

Dado que neste acto non se publican na súa integridade as notificacións referidas, de conformidade co artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o texto íntegro dos actos que se notifican está á disposición das persoas interesadas, xunto co resto do expediente, no prazo máximo de dez (10) días hábiles contados desde o día seguinte ao desta publicación no Boletín Oficial del Estado, nas oficinas municipais do Concello de Beariz, situadas na rúa San Pedro, nº 2, Beariz (Ourense), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Advírtese ás persoas interesadas que, de non compareceren no referido prazo, a notificación se entenderá producida, para todos os efectos, o día seguinte ao do vencemento do prazo.

As resolucións poñen fin á vía administrativa e contra elas cabe recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo da circunscrición en que o demandante teña o seu domicilio ou aquela en que se atope a sede do órgano autor do acto orixinario impugnado (esta posibilidade de elección enténdese limitada só aos xulgados que se atopen dentro da circunscrición do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia), de acordo co establecido nos artigos 8 e 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación, conforme o disposto no artigo 46.1 da citada norma legal ou, potestativamente, recurso de reposición ante a persoa titular da Alcaldía do Concello de Beariz, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación.

Este anuncio realízase ao abeiro do establecido no convenio asinado o 27 de novembro de 2020 entre a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo e a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) para articular a encomenda de xestión á Xunta de Galicia para a realización de actuacións auxiliares e de colaboración material na tramitación dos procedementos sancionadores competencia dos concellos de Galicia, en relación co incumprimento das medidas de prevención aprobadas para a loita contra a COVID-19.

Santiago de Compostela, 29 de agosto de 2022

María Jesús Tejada López
Funcionaria da unidade tramitadora

ANEXO

Número de expediente

DNI/CIF da persoa interesada

Infracción imputada

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción imposta

SCOVID/BEARIZ/0002

35602032X

Reunión de sete persoas consumindo alcohol na vía pública

Artigo 41.a) e artigo 41.g) da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia

Artigo 44.1 e artigo 44.2 da Lei 8/2008

200 euros

SCOVID/BEARIZ/0006

35485652X

Reunión de sete persoas consumindo alcohol na vía pública

Artigo 41.a) e artigo 41.g) da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia

Artigo 44.1 e artigo 44.2 da Lei 8/2008

200 euros