Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Martes, 13 de setembro de 2022 Páx. 48481

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Guarda

ANUNCIO da aprobación inicial da modificación puntual número 6 do Plan xeral de ordenación urbana (PXOU) (expediente 1551/2022).

Unha vez aprobada inicialmente a modificación puntual número 6 do Plan xeral de ordenación municipal do Concello da Guarda, mediante acordo do Pleno do 29 de xullo de 2022, de conformidade co artigo 60 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, sométese á información pública polo prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da última publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia e no Faro de Vigo.

Durante o dito prazo poderá ser examinado por calquera interesado nas dependencias municipais, para que se formulen as alegacións que consideren pertinentes ou obter copias. Así mesmo, estará á disposición no portal de transparencia da sede electrónica deste concello (https://aguarda.sedelectronica.ga).

Quedan suspendidas as licenzas de parcelación de terreos, edificación e demolición na parcela con referencia catastral nº 0590203NG1309S0002DT, segundo o ámbito definido no plano SDL.01, de acordo co resumo executivo que consta no expediente. Esta suspensión terá unha duración máxima de dous anos contados desde a aprobación inicial e, en calquera caso, extinguirase coa aprobación definitiva do planeamento.

A Guarda, 2 de agosto de 2022

Antonio Lomba Baz
Alcalde