Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Martes, 13 de setembro de 2022 Páx. 48399

IV. Oposicións e concursos

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 2 de setembro de 2022 pola que se nomea a Comisión de Selección que deberá cualificar o proceso para a cobertura dun posto de persoal directivo (xefe/a da Unidade de Proxectos Estratéxicos).

Mediante a Resolución do 8 de xullo de 2022, publicada no Diario Oficial de Galicia número 154, do venres 12 de agosto de 2022, anunciouse a convocatoria para a cobertura dun posto de persoal directivo no Igape (xefe/a da Unidade de Proxectos Estratéxicos).

De conformidade co establecido no punto 14 das bases reguladoras da convocatoria que rexe o proceso de selección, a Comisión de Selección será designada mediante resolución do director xeral do Igape. En virtude do anterior, esta dirección

DISPÓN:

Primeiro. Nomear a Comisión que deberá cualificar o proceso de selección para a cobertura dun posto de persoal directivo –xefe/a da Unidade de Proxectos Estratéxicos do Igape–, coa composición que se relaciona no anexo.

Segundo. Declarar de aplicación a este proceso as instrucións relativas ao funcionamento e actuación dos órganos de selección do 11 de abril de 2007, modificadas polo Acordo do Consello da Xunta do 8 de abril de 2010.

Terceiro. Esta resolución producirá os seus efectos desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 2 de setembro de 2022

Fernando Guldrís Iglesias
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Ecómica

ANEXO

Comisión de Selección

– Presidencia:

Titular: Norberto Penedo Rey, director da Área de Competitividade do Igape.

Suplente: Augusto Álvarez-Borrás Massó, director da Área de Internacionalización do Igape.

– Secretaría:

Titular: Pablo Crego Gil, subdirector de Recursos Humanos e Xestión Administrativa do Igape.

Suplente: Francisco Pedro López Martínez, subdirector de Coordinación do Igape.

– Vogais:

1ª titular: Patricia Villajos Grande, xerente do Igape.

Suplente: María Dolores García de los Huertos Vidal, subdirectora de Liquidacións do Igape.

2ª titular: Raquel Rodríguez Espiño, directora da Área de Investimento do Igape.

Suplente: Lourdes Ledo Moure, subdirectora xeral de Coordinación Administrativa da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación.

3º titular: Benito Fernández Rodríguez, director da Área de Xestión da Axencia Galega de Innovación (Gain).

Suplente: Xosé Eladio Otero García, subdirector de Desenvolvemento de Negocio do Igape.