Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Martes, 13 de setembro de 2022 Páx. 48454

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 29 de agosto de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se convocan os interesados ao acto do levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Enlace LMTVAA708-GON 807 (Gondomar), no concello de Gondomar.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese practicar…», mediante o presente anuncio convócase a todas as persoas interesadas no acto do levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Enlace LMTVAA708-GON 807 (Gondomar), no concello de Gondomar, segundo o calendario e horario que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla.

Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os bens afectados por si mesmas ou representadas por unha persoa debidamente autorizada, exhibindo o seu DNI/ NIF, así como os documentos acreditativos da titularidade.

Vigo, 29 de agosto de 2022

O xefe territorial de Pontevedra
P.A. (Artigo 41.3 en relación co 42.1
do Decreto 116/2022, do 23 de xuño)
Eugenio Fernández Piñeiro
Xefe do Servizo de Industria

ANEXO

Expediente: IN407A 2022/003-4.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: Enlace LMTVAA708-GON 807 (Gondomar).

Concello: Gondomar.

Predio

Referencia catastral

Lugar

Titularidade

Data

Hora

1

2105333NG2620N0001LH

Lg. A Gándara-Peitieiros

Ana Fernández Bravo

15 de novembro de 2022

12