Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Martes, 13 de setembro de 2022 Páx. 48448

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 25 de agosto de 2022, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se lles notifican aos interesados as autorizacións administrativas previa e de construción, así como a declaración, en concreto, de utilidade pública, para os efectos da urxente ocupación, de instalacións eléctricas no concello de Avión (expediente IN407A 2022/80-3).

Mediante a Resolución do 12 de agosto de 2022, da Xefatura Territorial de Ourense, foron concedidas as autorizacións administrativas previa e de construción e declaráronse, en concreto, de utilidade pública, para os efectos da urxente ocupación, unhas instalacións eléctricas no concello de Avión (expediente IN407A 2022/80-3).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, mediante este anuncio emprázanse os titulares do predio que se relacionan no anexo para seren notificados por comparecencia, ao non ser posible efectuar a notificación prevista na citada norma.

Os interesados, ou os seus representantes, deberán comparecer no prazo de dez días, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado, nas dependencias da Xefatura Territorial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación en Ourense, na rúa Curros Enríquez nº 1, 3º (Servizo de Enerxía e Minas), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no TEU.

Transcorrido o dito prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Ourense, 25 de agosto de 2022

Alicia María López Míguez
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Relación de afectados descoñecidos, con domicilio ignorado
ou non notificados

Número de expediente: IN407A 2022/80-3.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: instalación de reconectador TC no apoio número 83-32-B-4 da LMTA, 20 kV, ALB801.

Termo municipal: Avión.

– Predio número en proxecto: 1.

Lugar: A dos Terras.

Cultivo: matogueira.

Titular: descoñecido.

Afeccións: apoio número 83-32-B-4, cunha superficie de ocupación de 10 m².