Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Mércores, 14 de setembro de 2022 Páx. 48613

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 19 de xullo de 2022, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se dá publicidade da resolución pola que se revisa e se modifica, por modificación substancial, a autorización ambiental integrada outorgada a Codisoil, S.A. para a súa planta de valorización e almacenamento de residuos hidrocarburados situada no concello do Porriño (Pontevedra) (expedientes 2019-IPPC-M-195 e 2021-IPPC-M-25).

De conformidade co disposto no artigo 24.3 do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 316, do 31 de decembro), dáselle publicidade á seguinte resolución:

Instalación: planta de valorización e almacenamento de residuos hidrocarburados

Procedemento: revisión e modificación substancial da autorización ambiental integrada

Titular: Codisoil, S.A.

Núm. rexistro AAI: 2014-IPPC-40-276

Localización: concello do Porriño (Pontevedra)

Expedientes: 2019-IPPC-M-195 e 2021-IPPC-M-25

Esta resolución poderá consultarse en https://cmatv.xunta.gal/busca-de-expedientes-da-autorizacion-ambiental-integrada ou presencialmente na Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático (Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, rúa de San Lázaro, s/n, 2º andar, 15781 Santiago de Compostela).

Santiago de Compostela, 19 de xullo de 2022

María Sagrario Pérez Castellanos
Directora xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático