Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Mércores, 14 de setembro de 2022 Páx. 48584

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Política Social e Xuventude

ORDE do 29 de agosto de 2022 pola que se resolve a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, de dous postos de traballo vacantes nesta consellería, anunciada mediante a Orde do 12 de xullo de 2022 (Diario Oficial de Galicia número 139, do 21 de xullo).

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, de dous postos de traballo vacantes na Consellería de Política Social e Xuventude, mediante a Orde do 12 de xullo de 2022 (DOG núm. 139, do 21 de xullo), de conformidade co establecido nas bases quinta e sexta da referida orde, esta consellería

RESOLVE:

Primeiro. Adxudicarlles destino, no posto de traballo que se indica, aos funcionarios que se expresan no anexo desta orde, seleccionados conforme o establecido nas bases da convocatoria, realizada mediante a Orde desta consellería do 12 de xullo de 2022.

Segundo. O cesamento no actual destino dos funcionarios que obtiveron praza producirase no prazo de tres días, contados a partir do seguinte ao da data da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Se na data en que deben cesar no seu destino os funcionarios están desfrutando un período de licenza, vacacións ou permiso, o prazo para efectualo empezará a contar a partir do día seguinte ao da súa incorporación.

A toma de posesión da praza adxudicada deberase realizar no prazo dos tres días seguintes ao do cesamento se non implica cambio de residencia, no prazo de sete días hábiles se comporta cambio de residencia, ou de vinte días hábiles se comporta o reingreso ao servizo activo, conforme o establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, modificado polo Decreto 166/2013, do 14 de novembro.

Terceiro. O xefe do centro en que causen baixa os funcionarios, así como o daquel en que obteñan destino, consignarán no título administrativo, dentro do prazo sinalado no punto anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e toma de posesión, das cales se dará traslado, mediante copia, á Dirección Xeral da Función Pública.

Cuarto. Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os/as interesados/as poderán interpoñer recurso potestativo de reposición, ante esta consellería, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no DOG, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderán impugnala directamente, ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 29 de agosto de 2022

Fabiola García Martínez
Conselleira de Política Social e Xuventude

ANEXO

Apelidos e nome: López Peña, Juan José.

NRP: ****963068 A2060.

Grupo: A1.

Corpo/escala: corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

Denominación do posto: director/a administrador/a.

Código: PS.C99.40.801.36001.001.

Nivel: 25.

Dependencia: Residencia de Maiores (Pontevedra).

Localidade: Pontevedra.

Apelidos e nome: Otero Fernández, Margarita.

NRP: ****833924 A208C.

Grupo: A2.

Corpo/escala: corpo facultativo de grao medio, escala de técnicos facultativos, especialidade educadores.

Denominación do posto: director/a Centro de Menores.

Código: PS.C99.40.301.36001.001.

Nivel: 26.

Dependencia: Centro de Menores Avelino Montero.

Localidade: Pontevedra.