Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Mércores, 14 de setembro de 2022 Páx. 48625

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ribadeo

ANUNCIO da convocatoria dunha praza de técnico de xestión económica.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo do 30 de agosto de 2022 publícanse integramente as bases reguladoras do acceso a un posto de funcionario de carreira desta entidade, de técnico de xestión económica.

De conformidade co previsto nas referidas bases, o prazo para presentar as solicitudes será de vinte días hábiles contados a partir do seguinte a aquel en que apareza publicado o extracto de convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios realizaranse no BOP de Lugo e no taboleiro de anuncios do Concello de Ribadeo, así como na sede electrónica da web municipal: www.ribadeo.gal

Ribadeo, 30 de agosto de 2022

Mónica Freira Rancaño
Alcaldesa accidental