Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Xoves, 15 de setembro de 2022 Páx. 48719

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Gondomar

ANUNCIO de nomeamento de policía local funcionario de carreira (quenda de mobilidade) correspondente á oferta de emprego público de 2019.

De conformidade co artigo 10 da Orde do 31 de maio de 2019 pola que se convoca proceso selectivo para o acceso e ingreso nos corpos da policía local de Galicia, escala básica, categoría de policía, quendas de acceso libre e concurso (DOG número 115, do 19 de xuño), o alcalde ditou a Resolución núm. 2022-1009, con data do 21.7.2022, pola que se resolveu nomear como persoal funcionario de carreira, pertencente á categoría da policía local, da escala básica, subescala de servizos especiais, clase policía local, grupo C, subgrupo C1 e nivel 18, a Ricardo Villa Sobrino, con NIF ****4075A.

A toma de posesión efectuarase no prazo dun mes a partir da publicación do nomeamento no Diario Oficial de Galicia (DOG).

O que se fai público para xeral coñecemento e para os efectos oportunos.

Gondomar, 26 de xullo de 2022

J. Francisco Ferreira González
Alcalde