Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Xoves, 15 de setembro de 2022 Páx. 48682

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 2 de setembro de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se notifica a consignación de depósitos previos e a data de ocupación dos bens e dereitos afectados pola execución do proxecto LMTS e CT Ventín a Fornelos.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar…», mediante o presente anuncio infórmaselles ás persoas afectadas pola expropiación da consignación do depósito previo á ocupación e da data de ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LMTS e CT Ventín a Fornelos, no concello de Fornelos de Montes, que figuran no cadro anexo.

Os interesados poderán solicitar o levantamento do depósito ante o Servizo de Coordinación Industrial da Xefatura Territorial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación en Vigo. Coa solicitude deberán achegar unha copia do seu DNI e un certificado da conta bancaria que acredite que figuran como titulares da conta en que se ingresará o depósito.

Vigo, 2 de setembro de 2022

Tomás Nogueiras Nieto
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: IN407A 2021/289-4.

Entidade beneficiaria: Eléctrica de Moscoso, S.L.

Denominación da instalación: LMTS e CT Ventín a Fornelos.

Concello: Fornelos de Montes.

Predio

Referencia catastral

Titular

Data de ocupación

Deposito previo

1

36019A019004340000EZ

Descoñecido

21 de setembro de 2022

2022/36/495