Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Venres, 16 de setembro de 2022 Páx. 48783

III. Outras disposicións

Presidencia da Xunta de Galicia

RESOLUCIÓN do 7 de setembro de 2022, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos por esta secretaría xeral no segundo cuadrimestre de 2022.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo único

Dar publicidade da relación dos convenios subscritos pola Secretaría Xeral da Emigración nos meses de maio, xuño, xullo e agosto do ano 2022, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 7 de setembro de 2022

Antonio Rodríguez Miranda
Secretario xeral da Emigración

ANEXO

Convenios de colaboración subscritos pola Secretaría Xeral da Emigración
nos meses de maio, xuño, xullo e agosto do ano 2022

Título

Obxecto

Achega económica da Secretaría (€)

Data da sinatura

Convenio de colaboración entre a Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia e a Diocese de Lugo.

Establecer o marco da colaboración entre as entidades asinantes para contribuír ao financiamento dos gastos derivados da consulta e expedición de certificados acreditativos da súa ascendencia galega ao colectivo de persoas emigrantes galegas e á súa descendencia co fin de poder acceder á nacionalidade española, así como de informatizar e indexar os datos rexistrais das persoas físicas contidos nos libros sacramentais dos fondos parroquiais concentrados no Arquivo Diocesano Central Parroquial de Lugo.

2.500,00 €

16.5.2022

Convenio de colaboración entre a Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia e a Diocese de Mondoñedo-Ferrol.

Establecer o marco da colaboración entre as entidades asinantes para contribuír ao financiamento dos gastos derivados da consulta e expedición de certificados acreditativos da súa ascendencia galega ao colectivo de persoas emigrantes galegas e a súa descendencia co fin de poder acceder á nacionalidade española, así como de informatizar e indexar os datos rexistrais das persoas físicas contidos nos libros sacramentais dos fondos parroquiais concentrados no Arquivo Diocesano de Mondoñedo-Ferrol.

2.500,00 €

16.5.2022

Convenio de colaboración entre a Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia e a Diocese de Ourense.

Establecer o marco da colaboración entre as entidades asinantes para contribuír ao financiamento dos gastos derivados da consulta e expedición de certificados acreditativos da súa ascendencia galega á colectividade de persoas emigrantes galegas e a súa descendencia co fin de poder acceder á nacionalidade española, así como de informatizar e indexar os datos rexistrais das persoas físicas contidos nos libros sacramentais dos fondos parroquiais concentrados no Arquivo Histórico Diocesano de Ourense.

4.000,00 €

16.5.2022

Convenio de colaboración entre a Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia e a Arquidiocese de Santiago de Compostela.

Establecer o marco da colaboración entre as entidades asinantes para contribuír ao financiamento dos gastos derivados da consulta e expedición de certificados acreditativos da súa ascendencia galega ao colectivo de persoas emigrantes galegas e a súa descendencia co fin de poder acceder á nacionalidade española, así como de informatizar e indexar os datos rexistrais das persoas físicas contidos nos libros sacramentais dos fondos parroquiais concentrados no Arquivo Histórico Diocesano de Santiago de Compostela, desde 1850 ata o momento presente.

10.000,00 €

16.5.2022

Convenio de colaboración entre a Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia e a Diocese de Tui-Vigo.

Establecer o marco da colaboración entre as entidades asinantes para contribuír ao financiamento dos gastos derivados da consulta e expedición de certificados acreditativos da súa ascendencia galega ao colectivo de persoas emigrantes galegas e a súa descendencia co fin de poder acceder á nacionalidade española, así como de informatizar e indexar os datos rexistrais das persoas físicas contidos nos libros sacramentais dos fondos parroquiais concentrados no Arquivo Histórico Diocesano de Tui-Vigo.

2.500,00 €

18.5.2022

Convenio de colaboración entre a Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia e a Asociación de Jóvenes Emigrantes en Galicia, para o desenvolvemento de accións que favorezan o retorno e a integración sociolaboral das persoas emigrantes e das súas familias na Comunidade Autónoma galega.

Establecer o marco da colaboración e de actuación coordinada entre as entidades asinantes para desenvolver accións de difusión, acompañamento, información e formación dirixidas ás persoas galegas que residan no exterior, así como as que retornen á Comunidade Autónoma galega.

20.000,00 €

24.5.2022

Addenda ao Convenio de colaboración entre a Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia e a Federación de Sociedades Gallegas de Cuba para o mantemento dunha oficina de información e asesoramento en Cuba e dos puntos de información provinciais.

Modificar a cláusula terceira para incrementar en 10.000 € a achega económica da Secretaría Xeral da Emigración.

10.000,00 €

8.7.2022

Convenio de colaboración entre a Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia e o Centro Galicia de Bos Aires, Cultural, Social e Deportivo.

Establecer o marco da colaboración entre as entidades asinantes para contribuír ao mantemento do Centro Galicia de Bos Aires, Cultural, Social e Deportivo, á vista da importancia das actividades que desenvolve, da repercusión destas tanto na cidadanía de Bos Aires como en especial no colectivo galego residente na República Arxentina, e do apoio infraestrutural que presta no desenvolvemento dos programas da Secretaría Xeral da Emigración.

60.000,00 €

19.7.2022