De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentadas as notificacións persoais nos termos establecidos no artigo 42.2 da devandita Lei 39/2015, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia.
Os actos adoptounos a Xefatura da Área Provincial do IGVS.
A comparecencia para coñecer o contido íntegro do devandito acto deberá efectuarse no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na Xefatura da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo, rúa Alcalde Hevia 7, 4º andar, Pontevedra.
A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.
Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, as notificacións entenderanse producidas desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
Pontevedra, 2 de setembro de 2022
María Martínez Allegue
Xefa da Área Provincial de Pontevedra
ANEXO
Expediente: 36-BONAL-048/2020.
DNI: 45425710C.
Acto obxecto de notificación: trámite de audiencia.
Expediente: 36-BONAL-089/2020.
DNI: 77008680B.
Acto obxecto de notificación: trámite de audiencia.
Expediente: 36-BONAL-130/2020.
DNI: X5806604R.
Acto obxecto de notificación: trámite de audiencia.