Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Venres, 16 de setembro de 2022 Páx. 48781

II. Autoridades e persoal

a) Cesamentos

Consellería do Mar

ORDE do 15 de setembro de 2022 pola que se dispón o cesamento dunha vogal do Consello de Administración da Autoridade Portuaria da Coruña.

O texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, no seu artigo 30 atribúe ás comunidades autónomas as facultades de designación e separación dos vogais dos consellos de administración das autoridades portuarias de interese do Estado situadas no seu territorio, que deberán facerse necesariamente por proposta das administracións públicas e organismos e entidades que aqueles representen.

O Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 16 de setembro de 2010 faculta a persoa titular da consellería competente en materia de portos para o exercicio das devanditas competencias.

Polo exposto, en exercicio da facultade atribuída,

DISPOÑO:

O cesamento de María del Mar Sánchez Sierra como vogal representante da Comunidade Autónoma de Galicia no Consello de Administración da Autoridade Portuaria da Coruña, agradecéndolle os servizos prestados.

Santiago de Compostela, 15 de setembro de 2022

Rosa María Quintana Carballo
Conselleira do Mar