Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Venres, 16 de setembro de 2022 Páx. 48828

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 6 de setembro de 2022, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala técnica de saúde laboral, subgrupo A2, convocado pola Orde do 28 de febreiro de 2019, pola que se dá publicidade de diversos acordos.

En sesión que tivo lugar o 5 de setembro de 2022, o tribunal nomeado pola Resolución do 11 de abril de 2022 (DOG núm. 73, do 18 de abril), modificada pola Resolución do 10 de maio de 2022 (DOG núm. 94, do 16 de maio), para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala técnica de saúde laboral, subgrupo A2, convocado pola Orde do 28 de febreiro de 2019 (DOG núm. 44, do 4 de marzo),

ACORDOU:

Primeiro. De conformidade co disposto na base II.1.1.2 da convocatoria, o segundo exercicio cualificarase de 0 a 40 puntos e para superalo será necesario obter un mínimo de vinte (20) puntos. Para estes efectos, de conformidade coas bases da convocatoria, este tribunal estableceu, o 11 de xullo de 2022, os criterios de corrección, valoración e superación do segundo exercicio, en que se establece que o superarán as persoas aspirantes que acaden un mínimo de dezaseis (16) respostas correctas, unha vez feitos os descontos correspondentes, para o cal se terá en conta que cada resposta incorrecta descontará un cuarto dunha pregunta correcta. As preguntas non contestadas non penalizan nin reciben puntuación. Asignarase a valoración de 20 puntos no exercicio ás persoas aspirantes que obteñan a nota equivalente á nota de corte fixada. O resto das persoas declaradas aptas terá unha cualificación distribuída ente os 20 e os 40 puntos, proporcional ao número de respostas correctas. Do mesmo xeito asignarase a puntuación proporcional que corresponda ás persoas aspirantes declaradas non aptas.

Sen ter recibido ningunha reclamación das previstas na base II.1.2.7 da convocatoria, realizouse a corrección na sesión do 5 de setembro de 2022. Acadaron a puntuación mínima requirida as catro aspirantes presentadas.

Segundo. Publicar as puntuacións obtidas polas persoas aspirantes presentadas ao segundo exercicio do proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala técnica de saúde laboral, subgrupo A2, no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal

Terceiro. De acordo co disposto na base II.1.2.8 da convocatoria, as persoas aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas con relación ás puntuacións, no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto. De conformidade co disposto na base III.13 da orde de convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 6 de setembro de 2022

Aitor Guisasola Yeregui
Presidente do tribunal