Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Venres, 16 de setembro de 2022 Páx. 48887

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Monfero

ANUNCIO de nomeamento de funcionario de carreira.

Unha vez rematado o proceso selectivo e por proposta do tribunal cualificador, mediante a Resolución da Alcaldía nº 306/2022, do 2 de setembro, acordouse o nomeamento de Carlos Blanco Vila, con DNI nº ***0923**, como funcionario de carreira do Concello de Monfero para a praza de conserxe, incluída na oferta de emprego público do concello do ano 2019, da escala de administración xeral, subescala de subalterno, grupo de agrupacións profesionais (grupo E da Lei 30/1984).

O prazo de toma de posesión será dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG, de conformidade co previsto no artigo 62 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, e do artigo 60 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia.

Monfero, 5 de setembro de 2022

Andrés Feal Varela
Alcalde