En cumprimento do disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico; na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, e pola Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia; no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica; na Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental; na Lei 1/2021, do 8 de xaneiro, de ordenación do territorio de Galicia, e demais normas vixentes de aplicación, sométese a información pública a solicitude relacionada coa instalación que se describe a continuación:
Solicitante/promotora: Green Capital Power, S.L. (CIF B85945475).
Domicilio social: Torre Serrano, r/ Marqués de Villamagna, nº 3, 5º andar, 28001 Madrid.
Domicilio para efectos de notificacións: r/ Fernando de Casas Novoa, nº 35, bloque B, 2º andar, porta B, 15707 Santiago de Compostela (A Coruña).
Denominación do proxecto: parque eólico Gasalla (expediente IN408A 2017/26).
Concellos afectados: Mesía e Frades (A Coruña).
Potencia que se vai instalar: 24,255 MW.
Número de aeroxeradores que se van instalar: 7 ud.×3,465 MW de potencia nominal unitaria.
Produción media neta estimada: 69.026,56 MWh/ano.
Horas netas anuais equivalentes a potencia nominal: 2.846 horas.
Orzamento de execución material: 21.077.457,46 €.
Prazo de execución: doce (12) meses.
Localización (área de afección):
Parque eólico Gasalla |
|
A.D.E. |
Mesía |
Parque eólico Gasalla |
|||
Vértice poligonal |
Coordenadas UTM fuso 29 ETRS89 |
Concello |
|
X |
Y |
||
P1 |
557.734,43 |
4.770.085,82 |
Frades |
P2 |
557.734,43 |
4.772.565,82 |
Mesía |
P3 |
560.874,43 |
4.772.565,82 |
Mesía |
P4 |
560.874,43 |
4.770.805,82 |
Mesía |
P5 |
559.974,43 |
4.770.805,82 |
Mesía |
P6 |
559.974,43 |
4.770.085,82 |
Mesía |
Parque eólico Gasalla |
|||
Aeroxerador |
Coordenadas UTM fuso 29 ETRS89 |
Concello |
|
X |
Y |
||
GA-01 |
558.378,00 |
4.772.166,00 |
Mesía |
GA-02 |
558.398,00 |
4.771.673,00 |
Frades |
GA-03 |
558.325,00 |
4.771.070,00 |
Frades |
GA-04 |
559.533,00 |
4.771.835,00 |
Mesía |
GA-05 |
559.596,00 |
4.771.484,00 |
Mesía |
GA-06 |
559.874,00 |
4.771.288,00 |
Mesía |
GA-07 |
558.690,00 |
4.770.488,00 |
Frades |
Parque eólico Gasalla |
|||
Torre meteorolóxica |
Coordenadas UTM fuso 29 ETRS89 |
Concello |
|
X |
Y |
||
GA-TP |
558.372,00 |
4.770.399,00 |
Frades |
Parque eólico Gasalla |
|||
Localización |
Coordenadas UTM fuso 29 ETRS89 |
Concello |
|
X |
Y |
||
SET |
559.387,80 |
4.772.121,97 |
Mesía |
Características técnicas da instalación:
• Sete (7) aeroxeradores tripá, modelo Siemens-Gamesa SG 3.4-132 ou similar, de potencia nominal unitaria 3,465 MW, velocidade e paso variables, diámetro do rotor de 132 m e altura ata a buxa de 114 m para seis deles e de 134 m para o outro.
• Sete (7) centros de transformación trifásicos montados no interior de cada aeroxerador, de potencia aparente unitaria 3.900 kVA e relación de transformación 0,69/30 kV.
• Unha torre meteorolóxica.
• Unha subestación eléctrica transformadora, denominada SET Gasalla 30/132 kV, coa seguinte configuración:
– Sistema de 132 kV en intemperie: dúas (2) posicións de liña 132 kV, unha (1) posición de transformador de potencia 132/30 kV e un (1) transformador de potencia trifásico de 20/30 MVA e relación de transformación 132/30 kV (ONAN/ONAF).
– Sistema de 30 kV: unha (1) cela de protección de transformador de potencia, unha (1) cela de transformador de servizos auxiliares, unha (1) cela de protección para batería de condensadores, unha (1) cela de medida de tensión en barras e dúas (2) celas de protección de liña (circuítos colectores procedentes do parque).
– Tamén disporá dun edificio de control con salas independentes para distintos usos.
• Un sistema colector de media tensión (MT) formado por dous circuítos de 30 kV en instalación subterránea, que ten como obxecto a canalización da enerxía xerada polas aeroturbinas ata a SET. O cable utilizado para esta rede será de tipo RHZ1-2OL 18/30 kV Al, de diferentes seccións (95, 150, 240 e 400 mm2).
• A posta a terra da rede de MT está constituída por un condutor de cobre espido, de sección mínima 50 mm2, tendido ao longo da canalización de MT, no fondo dela. A rede de terras xeral do parque eólico forma un circuíto equipotencial.
• Pola mesma gabia que as liñas de MT instalarase unha rede de comunicacións que utilizará como soporte un cable de fibra óptica e que se empregará para a monitorización e control do parque.
• A enerxía eléctrica xerada polo parque eólico (PE) Gasalla evacuarase a través dunha liña aérea de alta tensión á tensión de 132 kV (LAAT 132 kV), que vai desde a SET Gasalla 30/132 kV ata a subestación colectora Mesón 132/ 220 kV, sendo o punto de conexión final do clúster a SET Mesón do Vento 220 kV. A través da LAAT 132 kV evacuarase a enerxía producida polos parques eólicos Gasalla, Legre, Abrente e Solpor.
• A SET Gasalla 30/132 kV e o PE Gasalla forman parte do alcance deste proxecto. Porén, non o farán a LAAT 132 kV, a subestación colectora Mesón e os parques eólicos Legre, Abrente e Solpor. En concreto, trátase dos seguintes expedientes independentes e actualmente en tramitación:
– LAT 132 kV SET PE Gasalla-SET colectora Mesón 132/220 kV, expediente: IN408A 2020/124, promotora: Green Capital Power, S.L.
– A subestación colectora Mesón 220/132 kV forma parte do proxecto LAT 220 kV Gato-Mesón e subestación colectora Mesón 220/132 kV, expediente: IN408A 2020/145, promotora: Greenalia Wind Power Gato, S.L.U.
– Parque eólico Legre, expediente IN408A 2020/97, promotora: Green Capital Power, S.L.
– Parque eólico Abrente, expediente IN408A 2018/25, promotora: Green Capital Power, S.L.
– Parque eólico Solpor, expediente IN408A 2018/26, promotora: Green Capital Power, S.L.
Obxecto da información pública:
A solicitude de autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción, o estudo de impacto ambiental (EIA) e o proxecto de interese autonómico (PIA) das instalacións.
Documentación que se expón:
1. O proxecto de execución (xuño 2022-visado 25.7.2022).
1.1. O plano xeral das instalacións do proxecto.
2. O estudo de impacto ambiental (EIA) (xullo 2021-asinado 16.7.2021).
3. O proxecto de interese autonómico (PIA) (xuño 2021-visado 16.2.2022).
O que se fai público de conformidade co artigo 33.10 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, e pola Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, para o coñecemento xeral, para que se poida examinar a documentación técnica anteriormente relacionada e, de ser o caso, presentar as alegacións ou observacións que coiden oportunas dentro do prazo de trinta (30) días, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia (DOG).
A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía da Xefatura Territorial da Coruña da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (rúa Vicente Ferrer, núm. 2, 2º andar, 15071 A Coruña, teléfonos 981 18 49 83 e 981 18 49 17), de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas, así como nas casas dos concellos de Mesía e Frades (A Coruña). Ademais, tamén se poderá consultar no portal web da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación a través da seguinte ligazón:
https://ceei.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-de-xeracion
A Coruña, 6 de setembro de 2022
Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña