Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Venres, 16 de setembro de 2022 Páx. 48818

IV. Oposicións e concursos

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ORDE do 22 de agosto de 2022 pola que se resolve a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Axencia Galega de Innovación, anunciada pola Orde do 21 de xuño de 2022 (Diario Oficial de Galicia número 131, do 11 de xullo).

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Axencia Galega de Innovación, mediante a Orde do 21 de xuño de 2022 (DOG núm. 131, do 11 de xullo), esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Adxudicarlle destino, no posto de traballo que se indica, á funcionaria que se expresa no anexo desta orde, seleccionada conforme o establecido nas bases da convocatoria, realizada mediante a Orde do 21 de xuño de 2022.

Segundo. O cesamento no actual destino da funcionaria que obtivo praza producirase no prazo de tres días hábiles, contados a partir do seguinte ao da data da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Se na data en que debe cesar no seu destino a funcionaria está desfrutando un período de licenza, vacacións ou permiso, o prazo para efectualo empezará a contar a partir do día seguinte ao da súa incorporación.

A toma de posesión da praza adxudicada deberase realizar no prazo de tres días hábiles, se non implica cambio de residencia, ou de sete días hábiles, se comporta cambio de residencia. Cando a adxudicataria do posto obteña coa súa toma de posesión o reingreso ao servizo activo, o prazo de toma de posesión será de vinte días hábiles.

Terceiro. A persoa responsable do centro en que cause baixa a funcionaria, así como a daquel en que obteña destino, consignarán no título administrativo, dentro do prazo sinalado no punto anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e toma de posesión, das cales se dará traslado, mediante copia, á Dirección Xeral da Función Pública.

Cuarto. Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpor recurso potestativo de reposición ante esta axencia, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderán impugnala directamente ante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses, contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 22 de agosto de 2022

Francisco José Conde López
Vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación

ANEXO

Apelidos e nome: Arnoso Calvo, María Carmen.

DNI: ****593**.

Código do posto: EI.A11.00.004.15350.020.

Consellería: Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación.

Denominación do posto: Xefatura do Departamento de Programación de Centros.

Centro de destino: Axencia Galega de Innovación.

Localidade: Ferrol.

Corpo ou escala: xeral.

Grupo/subgrupo: A1-A2.

Nivel: 28.

Complemento específico: 17.849,30 €.

Tipo de adscrición: AXG (adscrición exclusiva a persoal funcionario da Xunta de Galicia).

* O DNI amósase cifrado co fin de protexer os datos de carácter persoal.