Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Luns, 19 de setembro de 2022 Páx. 48979

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 6 de setembro de 2022, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se dá publicidade da Resolución do 30 de agosto de 2022 pola que se revisa e se modifica a autorización ambiental integrada outorgada a Green Procesoil, S.L. para o centro de tratamento de residuos oleosos situado no concello do Ferrol (A Coruña) (número de rexistro AAI: 2014-IPPC-12-267).

De conformidade co disposto no artigo 24.3 do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 316, do 31 de decembro), dáselle publicidade á seguinte resolución:

Instalación: centro de tratamento de residuos oleosos

Procedemento: modificación substancial e revisión da autorización ambiental integrada

Titular: Green Procesoil, S.L.

Nº rexistro AAI: 2014-IPPC-12-267

Localización: concello de Ferrol (A Coruña)

Expediente: 2019-IPPC-M-23

Esta resolución poderá consultarse en https://cmatv.xunta.gal/busca-de-expedientes-da-autorizacion-ambiental-integrada ou presencialmente na Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático (Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, rúa de San Lázaro, s/n, 2º andar, 15781 Santiago de Compostela).

Santiago de Compostela, 6 de setembro de 2022

María Sagrario Pérez Castellanos
Directora xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade
e Cambio Climático