De conformidade co disposto no artigo 24 do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 316, do 31 de decembro), dáselle publicidade á seguinte resolución:
Instalación: planta de almacenamento e valorización de residuos na avenida Peinador |
Procedemento: revisión da autorización ambiental integrada |
Titular: PMA Nutrigrás, S.A. |
Nº rexistro AAI: 2014-IPPC-79_292 |
Localización: concello de Mos (Pontevedra) |
Expediente: 2019-IPPC-M-202 |
Esta resolución poderá consultarse en https://cmatv.xunta.gal/busca-de-expedientes-da-autorizacion-ambiental-integrada ou presencialmente na Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático (Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, rúa San Lázaro s/n, 2º andar, 15781 Santiago de Compostela).
Santiago de Compostela, 6 de setembro de 2022
María Sagrario Pérez Castellanos
Directora xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade
e Cambio Climático