Mediante a Resolución do 26 de novembro de 2021, da Dirección Xeral de Mobilidade, convocáronse as probas de constatación da cualificación inicial para o exercicio da actividade de condutor/a profesional de determinados vehículos destinados ao transporte de mercadorías ou de viaxeiros/as por estrada que terán lugar na Comunidade Autónoma de Galicia no ano 2022, e se nomeou o tribunal para as convocatorias do ano 2022.
Logo da dita designación, producidas modificacións nas persoas responsables de servizos integrados nesta dirección xeral, modificouse esta resolución mediante a Resolución do 23 de decembro de 2021 e coa finalidade de garantir o correcto desenvolvemento das probas, estimouse procedente incorporar as ditas variacións no propio tribunal, substituíndo unha das persoas designadas como vogais e suprimindo unha das vogais suplentes. Con posterioridade, producíronse novos cambios nas persoas responsables da Dirección Xeral de Mobilidade, polo que mediante a presente resolución procédese á substitución dunha vogal e supresión dunha vogal suplente, sen prexuízo de que por razóns de garantir a máxima transparencia e facilitar o coñecemento do tribunal polas persoas interesadas efectúase a designación íntegra del.
O Real decreto 284/2021, do 21 de abril, regula no anexo V os exames de cualificación inicial. Na sección 2ª, desenvolve a «designación de tribunais» sinalando que «No caso de non determinarse na propia convocatoria, o órgano convocante deberá, con posterioridade a esta, designar o tribunal ou tribunais das probas (…) e proceder, así mesmo, á súa publicación no correspondente boletín oficial, polo menos, con 10 días de antelación á celebración do primeiro exercicio».
Polo exposto,
DISPOÑO:
Primeiro. Modifícase o punto segundo do número un da Resolución da Dirección Xeral de Mobilidade, do 23 de decembro de 2021, pola que se desenvolve a Resolución do 26 de novembro de 2021 pola que se convocan as probas de constatación da cualificación inicial para o exercicio da actividade de condutor/a profesional de determinados vehículos destinados ao transporte de mercadorías ou de viaxeiros/as por estrada que terán lugar na Comunidade Autónoma de Galicia no ano 2022 (DOG núm. 235, do 9 de decembro de 2021), e se nomea ao tribunal para as convocatorias do ano 2022, que queda redactado como segue:
«2. A composición do tribunal para as vindeiras convocatorias ordinarias do ano 2022 será a seguinte:
– Presidente: Antón García Río.
– Presidente suplente: Juan Alberto Vidal Herrador.
Vogais:
– Mª Teresa Somoza García.
– Eduardo Suárez Campo.
– Juan Alberto Vidal Herrador.
Vogais suplentes:
– Mª Inmaculada Carril Barco.
– Elena Prado Veiga.
– Tamara Subiela Gómez.
– Secretaria: Marta Figueiras García.
– Secretaria suplente: Ana María Gómez Iglesias».
Segundo. Esta resolución producirá efectos desde a data da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 1 de setembro de 2022
Ignacio Maestro Saavedra
Director xeral de Mobilidade