A Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Industria e Innovación de Lugo fai público que o director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais asinou o 31 de agosto de 2022 a resolución de autorización da ampliación do perímetro do aproveitamento da explotación que a seguir se describe:
Nome: Costal Vello.
Número de expediente: 147.
Recurso: sección A), granito-agregados para a construción.
Termo municipal: Láncara.
Superficie total: 15,354539 ha.
Titular: Canteras de Muro, S.L.
O que se fai público para xeral coñecemento e en cumprimento do artigo 27.2 da Lei 3/2008, do 23 de maio, de ordenación da minaría de Galicia.
Lugo, 8 de setembro de 2022
O xefe territorial de Lugo
P.A. (artigos 41.3 e 42.1 do Decreto 116/2022, do 23 de xuño;
DOG núm. 126, do 4 de xullo)
Juan Carlos Morán del Pozo
Xefe do Servizo de Industria