Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Martes, 20 de setembro de 2022 Páx. 49147

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social e Xuventude

ANUNCIO do 8 de xullo de 2022, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifican as resolucións ditadas no procedemento BS618D (expediente 150050020021E e dezasete máis).

De conformidade co disposto nos artigos 42, 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e no uso da competencia atribuída a esta xefatura territorial, intentada a notificación das resolucións ditadas no procedemento no último domicilio das persoas interesadas citadas no anexo sen que esta se puidese efectuar por causas non imputables á Administración, a través deste anuncio emprázanse para seren notificadas dos ditos actos administrativos.

Así, no prazo de dez (10) días contados desde o día seguinte á data de publicación do dito anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), poderán comparecer para teren coñecemento do contido íntegro dos referidos actos e dos seus expedientes advertíndolles que, de non o facer, se terá por practicada a notificación ao vencemento do prazo indicado para comparecer.

As persoas interesadas poderán comparecer persoal ou debidamente representadas na Xefatura Territorial da Consellería de Política Social e Xuventude, Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración, rúa Gregorio Hernández, 2, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, se ben a notificación quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Contra estas resolucións, que non esgotan a vía administrativa, cabe interpor o recurso de alzada ante a persoa titular da Consellería de Política Social e Xuventude no prazo dun (1) mes contado a partir do día seguinte á súa notificación, practicada por comparecencia, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

A Coruña, 8 de xullo de 2022

A xefa territorial da Coruña
P.S. (Decreto 124/2022, do 23 de xuño)
María Sóñora Ferreirós
Xefa do Servizo de Coordinación Administrativa

ANEXO

Procedemento BS618D.

Nº de expediente

DNI/NIE/Pasaporte

Resolución

Data da resolución

15005002021E

47476309N

Denegación

27.10.2021

15030014420E

32771287J

Concesión

14.5.2021

15065000321E

33250297W

Denegación

28.10.2021

15017000621E

47384939V

Concesión

10.11.2021

15030013321E

192233444

Denegación

19.11.2021

15011000221E

X3475552E

Denegación

23.11.2021

15048000521E

32618945T

Denegación

26.11.2021

15078010121E

79336178R

Denegación

22.11.2021

15078016721E

X9334298R

Denegación

15.12.2021

15078014921E

Y7770578L

Denegación

10.12.2021

15073001221E

72350522C

Denegación

21.9.2021

15030006421E

Y2110690V

Desistencia

17.12.2021

15078014421E

Y7240440P

Denegación

15.12.2021

15036002221E

32661942X

Desistencia

17.12.2021

15073002621E

02617891P

Denegación

12.1.2022

15023001221E

769960207V

Desistencia

20.12.2021

15036010918E

32736803Y

Revogación

18.11.2021

15005006021E

32710141R

Denegación

3.1.2022