De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentar a notificación de acordo co previsto no artigo 42 da propia Lei 39/2015, do 1 de outubro, sen que se puidese efectuar por causas non imputables á Administración, por medio deste anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), emprázase a persoa interesada para proceder á notificación da proposta de resolución que se cita no anexo.
Así, para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, conforme o disposto no artigo 46 da dita Lei 39/2015, do 1 de outubro, a persoa interesada emprazada, por si mesma ou a través de persoa que legalmente a represente, poderá comparecer no prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, nas dependencias da Xefatura Territorial de Vigo da Consellería de Política Social e Xuventude, Servizo de Coordinación Administrativa, situada na rúa Concepción Arenal, número 8, 1º andar, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida ao vencemento do prazo indicado para comparecer.
Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, aínda que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.
Advírtese que, de conformidade co sinalado na referida proposta de resolución, a persoa interesada dispón dun prazo de quince (15) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da súa notificación por comparecencia, para achegar cantas alegacións e presentar os documentos e a información que xulgue pertinentes.
Vigo, 1 de setembro de 2022
María José Pérez-Izaguirre López
Xefa territorial de Vigo
ANEXO
Expediente: PS-DXIS-08-2021.
Persoa interesada: DNI 36151058A.
Acto de notificación: proposta de resolución de expediente sancionador do 30.8.2022.
Órgano competente: órgano instrutor na Xefatura Territorial de Vigo.
Preceptos presuntamente infrinxidos: artigo 95 da Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia.
Sanción proposta: artigo 96 da Lei 13/2008, do 3 de decembro.