Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Mércores, 21 de setembro de 2022 Páx. 49339

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ourense

ANUNCIO do estudo de detalle para a agregación de parcelas sitas na rúa da Liberdade, número 28, e na praza Manuel Sueiro, número 3.

A Xunta de Goberno Local, en sesión ordinaria do 5 de agosto de 2022, adoptou, entre outros, o estudo de detalle para a agregación das parcelas sitas na rúa Liberdade, nº 28, e na praza Manuel Sueiro, nº 3 (expediente de planeamento urbanístico 2022016340).

A Xunta de Goberno Local, de conformidade coa proposta, por unanimidade, acordou:

1. Aprobar inicialmente o estudo de detalle presentado polo Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS), con NIF Q-6550004-C, para a agregación das parcelas sitas na rúa Liberdade, nº 28 (con referencia catastral 3877602NG9837N0004WY), e na praza Manuel Sueiro, nº 3 (con referencia catastral 3877603NG9837N0010FO) de Ourense, redactado polo arquitecto Baltasar Otero Gómez, de conformidade co informe técnico do 3 de maio de 2022, co ditame favorable da Comisión Técnica Municipal de Protección de Bens Culturais do 8 de xuño de 2022 e co informe xurídico do 7 de xullo de 2022, dos cales se achega copia para os efectos de motivación.

2. Someter a proposta a información pública durante un mes, mediante anuncio que se publicará no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior difusión na provincia, consonte o establecido tanto no artigo 80.2 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, como no artigo 194.2 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da citada Lei 2/2016.

3. Proceder á notificación individual do acordo aos titulares catastrais dos terreos afectados.

4. Recadar os informes sectoriais e as consultas que resulten preceptivos de conformidade co previsto tanto no artigo 80.2 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, como no artigo 194.2 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da citada Lei 2/2016.

Contra este acordo non cabe a interposición de recurso, tendo en conta que se trata dun acto de trámite conforme o disposto no artigo 112.1 da Lei 39/2015, que non é incardinable na categoría de actos de trámite cualificados ou impugnables, pois aquel non decide directa ou indirectamente o fondo do asunto, non determina a imposibilidade de continuar o procedemento e tampouco produce indefensión nin prexuízo irreparable a dereitos e intereses lexítimos.

Ourense, 16 de agosto de 2022

Gonzalo Pérez Jácome
Alcalde presidente