Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Mércores, 21 de setembro de 2022 Páx. 49273

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

ANUNCIO do 6 de setembro de 2022 polo que se notifican as resolucións de expedientes sancionadores por incumprimento das medidas de prevención e contención en materia sanitaria do Concello de Vilagarcía de Arousa (expediente SCOVID/VILAGARCÍA/0463 e doce máis).

O Concello de Vilagarcía de Arousa ditou resolución do expediente sancionador SCOVID/VILAGARCIA/0463 e doce máis por vulneración da normativa sanitaria.

Intentada a notificación das resolucións por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta nos correspondentes expedientes sancionadores, estas foron devoltas polo servizo de Correos. Por este motivo, e de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación das resolucións ditadas nos procedementos sancionadores en materia sanitaria ás persoas interesadas que figuran no anexo efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia.

Dado que neste acto non se publican na súa integridade as notificacións referidas, de conformidade co artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o texto íntegro dos actos que se notifican está á disposición das persoas interesadas, xunto co resto do expediente, no prazo máximo de dez (10) días hábiles, contados desde o día seguinte ao desta publicación no Boletín Oficial del Estado, nas oficinas municipais do Concello de Vilagarcía de Arousa, situadas na praza Ravella, 1, Vilagarcía de Arousa (Pontevedra), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Advírteselles ás persoas interesadas que, de non compareceren no referido prazo, a notificación se entenderá producida, para todos os efectos, o día seguinte ao do vencemento do prazo.

As resolucións poñen fin á vía administrativa e contra elas só cabe recurso contencioso-administrativo, ante o xulgado do contencioso-administrativo da circunscrición en que o demandante teña o seu domicilio ou aquela en que se encontre a sede do órgano autor do acto orixinario impugnado (entendéndose limitada esta posibilidade de elección só aos xulgados que se encontren dentro da circunscrición do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia), de acordo co establecido nos artigos 8 e 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación, conforme o disposto no artigo 46.1 da citada norma legal.

Este anuncio realízase ao abeiro do establecido no Convenio asinado o 27 de novembro de 2020 entre a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo e a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) para articular a encomenda de xestión á Xunta de Galicia para a realización de actuacións auxiliares e de colaboración material na tramitación dos procedementos sancionadores competencia dos concellos de Galicia, en relación co incumprimento das medidas de prevención aprobadas para a loita contra a COVID-19.

Santiago de Compostela, 6 de setembro de 2022

Rosario Puente Vázquez
Funcionaria da unidade tramitadora

ANEXO

Número de expediente

DNI/CIF da persoa interesada

Infracción imputada

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción imposta

SCOVID/VILAGARCIA/00463

X6055017Z

Incumprimento, por simple neglixencia, dos requisitos, das obrigas ou das prohibición establecidas na normativa sanitaria, así como calquera outro comportamento, a título de imprudencia ou inobservancia, sempre que se produza alteración ou risco sanitario e este sexa de escasa incidencia

Artigo 41.g) da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia

Artigos 44.1 e 44.2 da Lei 8/2008

200 euros

SCOVID/VILAGARCIA/00466

35441568V

Incumprimento da limitación de permanencia de grupos de persoas non conviventes en espazos de uso público ou privado

Artigo 41.g) da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia

Artigos 44.1 e 44.2 da Lei 8/2008

100 euros

Non utilizar a máscara obrigatoria nos termos establecidos na normativa vixente e non encontrarse, de forma xustificada, en ningunha das excepcións á dita obriga

Artigo 57.2.c).1º da Lei 8/2008, do 4 de outubro, xeral de saúde

Artigo 58.1.c) da Lei 8/2008

Artigo 31.2 do Real decreto lei 21/2020

100 euros

SCOVID/VILAGARCIA/00487

35424813Y

Incumprimento, por simple neglixencia, dos requisitos, das obrigas ou das prohibición establecidas na normativa sanitaria, así como calquera outro comportamento, a título de imprudencia o inobservancia, sempre que se produza alteración ou risco sanitario e este sexa de escasa incidencia

Artigo 41.g) da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia

Artigos 44.1 e 44.2 da Lei 8/2008

200 euros

SCOVID/VILAGARCIA/00519

35461314Y

Non utilizar a máscara obrigatoria nos termos establecidos na normativa vixente e non encontrarse, de forma xustificada, en ningunha das excepcións á dita obriga

Artigo 41.bis.a) da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia

Artigo 44.bis da Lei 8/2008, do 10 de xullo de saúde de Galicia

100 euros

SCOVID/VILAGARCIA/00525

35668373L

Incumprimento das medidas de prevención aprobadas pola autoridade sanitaria, consistentes en limitacións ás agrupacións de persoas en reunións e/ou encontros, tanto no ámbito privado como público, se as repercusións producidas tiveron unha incidencia escasa ou sen transcendencia directa na saúde da poboación

Artigo 41.bis.f) da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia

Artigo 44.bis da Lei 8/2008

100 euros

SCOVID/VILAGARCIA/00530

35461314Y

Incumprimento das medidas preventivas de seguridade sanitaria e hixiene exixibles nos lugares de traballo, establecementos, locais de negocio, instalacións e espazos de uso público ou que se encontren abertos ao público e para o desenvolvemento de actividades que sexan establecidas polas autoridades sanitarias competentes, se as repercusións producidas tiveron unha incidencia escasa ou sen transcendencia directa na saúde da poboación

Artigo 41.bis.h) da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia

Artigo 44.bis da Lei 8/2008

300 euros

SCOVID/VILAGARCIA/00551

35447871H

SCOVID/VILAGARCIA/00574

SCOVID/VILAGARCIA/00600

35461314Y

Incumprimento, por parte dos establecementos, locais de negocio, instalacións e espazos de uso público ou que se encontren abertos ao público ou con ocasión do desenvolvemento de actividades de medidas preventivas sobre limitación de capacidade ou outras relativas á organización ou ao exercicio da actividade adoptadas polas autoridades sanitarias, se as repercusións producidas tiveron unha incidencia escasa ou sen transcendencia directa na saúde da poboación

Artigo 41.bis.k) da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia

Artigo 44.bis da Lei 8/2008

300 euros

SCOVID/VILAGARCIA/00602

SCOVID/VILAGARCIA/00603

X6055017Z

Incumprimento do horario de apertura ou peche de establecementos, locais de negocio, instalacións e espazos de uso público ou que se encontren abertos ao público ou para o desenvolvemento de actividades establecido como medida preventiva polas autoridades sanitarias competentes, se as repercusións producidas tiveron unha incidencia escasa ou sen transcendencia directa na saúde da poboación, por permanecer nun local de hostalaría fóra do horario máximo de apertura establecido

Artigo 41.bis.i) da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia

Artigo 44.bis da Lei 8/2008

300 euros

SCOVID/VILAGARCIA/00631

35460868C

Incumprimento, por parte da persoa titular da instalación, establecemento, empresa ou actividade e con ocasión do seu funcionamento ou desenvolvemento do deber de previr a comisión dalgunha das infraccións leves previstas na Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia, por parte das persoas suxeitas á súa dependencia ou vinculación

Artigo 41.bis.n) da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia

Artigo 44.bis da Lei 8/2008

300 euros

SCOVID/VILAGARCIA/00643