Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Xoves, 22 de setembro de 2022 Páx. 49403

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 19 de setembro de 2022, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fai pública a actualización definitiva de méritos correspondente ao ano 2021 da lista para o desempeño con carácter transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario do corpo de axudantes de carácter facultativo, escala de axentes facultativos ambientais da Xunta de Galicia.

Por Resolución da Dirección Xeral da Función Pública do 16 de maio de 2022 (DOG núm. 100, do 25 de maio), e de conformidade co artigo 12 do Decreto 37/2006, do 2 de marzo, polo que se regula o nomeamento de persoal interino para o desempeño con carácter transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario e a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia, fíxose pública a actualización provisional de méritos correspondente ao ano 2021 das listas para a cobertura con carácter transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario e a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia.

Os postos do corpo de axudantes de carácter facultativo, escala de axentes facultativos ambientais da Consellería do Medio Rural desenvolven as súas tarefas na súa maior parte nos servizos de prevención e defensa contra incendios forestais e dado que existe unha necesidade de contratación máis intensa na actualidade nesa lista e non figuran nesta integrantes dispoñibles suficientes, urxe a súa publicación con anterioridade e de xeito independente á publicación das restantes listas definitivas de méritos correspondentes ao ano 2021 das listas para o desempeño con carácter transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario e a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia.

Polo que, rematado o prazo para presentar reclamacións establecido na devandita resolución, corrixidos os erros e examinadas as alegacións formuladas polas persoas interesadas, a Comisión Permanente acordou elevar á Dirección Xeral da Función Pública a proposta de actualización definitiva de méritos da lista do corpo de axudantes de carácter facultativo, escala de axentes facultativos ambientais, para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vista a proposta, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro. Publicar a actualización definitiva de méritos correspondentes ao ano 2021 dos integrantes das listas para o desempeño con carácter transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario dos corpos, escalas e especialidades que se especifican no anexo I desta resolución.

As puntuacións totais das persoas integrantes das listas poderán consultarse no portal web corporativo da Xunta de Galicia, http://funcionpublica.xunta.gal, epígrafe de <Listas de contratación>.

Segundo. As listas entrarán en vigor a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. Contra esta resolución e de conformidade co disposto nos artigos 112 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 19 de setembro de 2022

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

ANEXO

Corpos e escalas (persoal funcionario)

Grupo

Corpo/escala

Denominacion

C1

207H

Escala de axentes facultativos ambientais (para extinguir)