De conformidade coa proposta elevada polo tribunal cualificador das probas selectivas convocadas mediante a Resolución do 27 de maio de 2021 (Diario Oficial de Galicia do 8 de xuño) para cubrir con persoal laboral fixo unha praza da categoría profesional de técnico/a especialista en actividades culturais, grupo III, unha vez comprobado que a persoa seleccionada reúne os requisitos exixidos na base 2 da convocatoria, e de conformidade co disposto no artigo 85.j) dos estatutos da USC,
RESOLVO:
Primeiro. Aprobar a proposta feita polo tribunal cualificador e contratar como persoal laboral fixo na categoría profesional de técnico/a especialista en actividades culturais a persoa que superou o proceso selectivo pola quenda de acceso libre e que se relaciona no anexo desta resolución.
Segundo. As persoas seleccionadas formalizarán o seu contrato, ante o Servizo de Xestión de Persoal, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes, perante o órgano que a ditou. Neste caso, non se poderá interpoñer o dito recurso contencioso-administrativo mentres non se dite resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro do artigo 123 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 12 de setembro de 2022
Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela
ANEXO
Quenda de acceso libre
|
Categoría laboral |
Posto |
Número de orde |
DNI |
Apelidos e nome |
|
Técnico/a especialista actividades culturais |
Encargado actividades culturais |
1 |
***3790** |
Lugilde Rodríguez, Paloma |


