Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Xoves, 22 de setembro de 2022 Páx. 49463

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cedeira

ANUNCIO de nomeamento e cesamento de policías locais como funcionarios de carreira por permuta entre concellos.

Mediante Decreto da Alcaldía número 166/2022, emitido o 31 de marzo, foi autorizada a permuta no posto de axente da policía local entre os funcionarios dos concellos de Foz (Lugo) e Cedeira (A Coruña), da forma seguinte:

– Cesa o 31 de marzo de 2022 José Manuel Rodríguez Martínez, axente da policía local do Concello de Cedeira (A Coruña), NIF ***9330**.

– Cesa o 31 de marzo de 2022 David Rodríguez Castro, axente da policía local do Concello de Foz (Lugo), NIF ***8011**.

– Toma posesión o 1 de abril de 2022 David Rodríguez Castro, NIF ***8011**, como funcionario de carreira, na categoría de policía, escala básica do corpo da Policía local do Concello de Cedeira, grupo C, subgrupo C1 (CPT 2022, código 15022GP-03).

O que se fai público para xeral coñecemento e para os efectos oportunos.

Cedeira, 6 de xuño de 2022

Pablo Diego Moreda Gil
Alcalde