Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Venres, 23 de setembro de 2022 Páx. 49521

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 13 de setembro de 2022, do tribunal nomeado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso na categoría 002 do grupo I, titulado/a superior médico, de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, convocado mediante a Orde do 4 de novembro de 2019, pola que se fai pública a baremación definitiva da fase de concurso.

En sesión que tivo lugar o 13 de setembro de 2022, o tribunal nomeado pola Resolución do 19 de outubro de 2020 (DOG núm. 241, do 30 de novembro) e modificado pola Resolución do 17 de decembro de 2020 (DOG núm. 258, do 24 de decembro), para cualificar o proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso na categoría 002 do grupo I, titulado/a superior médico, de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, convocado mediante a Orde do 4 de novembro de 2019 (DOG núm. 212, do 7 de novembro),

ACORDOU:

Primeiro. Facer pública, como anexo a esta resolución, a baremación definitiva da fase de concurso, con indicación da puntuación obtida polas persoas aspirantes, de conformidade co disposto na base II.2 da convocatoria.

Segundo. De acordo co disposto na base III.13 da convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada, ante o conselleiro competente en materia de función pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 13 de setembro de 2022

Mercedes Lanza Gándara
Presidenta do tribunal

ANEXO

DNI

Apelido 1

Apelido 2

Nome

II.2.1 Experiencia profesional

II.2.2 Permanencia na categoría

II.2.3

Formación

Total

***6680**

Nartallo

Penas

María Victoria

28,00

8

0,75

36,75