Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Venres, 23 de setembro de 2022 Páx. 49584

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Boiro

ANUNCIO de aprobación inicial do estudo de detalle, formulado mediante iniciativa particular, por Conservas Rianxeira, S.A.U.

A Xunta de Goberno Local, en sesión ordinaria do 16 de xuño de 2022, adoptou por delegación da Alcaldía, e por unanimidade dos membros presentes, aprobar inicialmente o estudo de detalle formulado, mediante iniciativa particular, redactado por Amancio Losada Vicente co obxecto de reordenar os volumes nunha das parcelas afectadas polo proxecto sectorial de incidencia supramunicipal (PSIS) de ampliación das instalacións de Jealsa Rianxeira, S.A. en Bodión, Boiro (A Coruña), aprobado definitivamente o 5.12.2017 por Resolución do 5 de decembro de 2017, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas.

Descrición das parcelas afectadas:

O ámbito de actuación inclúe dúas parcelas coas seguintes referencias catastrais: 15011A031020120000XU e 15011A031020130000XH, cunha superficie total de 15.656 m2.

En aplicación do previsto no artigo 80.2 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia (LSG), sométese a aprobación inicial a información pública polo prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

O expediente número 5726/2021 poderase consultar no departamento de secretaría en horario das 9.00 ás 14.00 horas e no portal de transparencia ao cal se pode acceder entrando no seguinte enderezo web boiro.sedelectronica.gal, portal de transparencia, 5. Urbanismo, 7.1 Planeamento urbanístico, estudo detalle en Bodión.

Á vista do resultado da información pública, o órgano municipal aprobarao definitivamente, no prazo establecido no artigo 76 da LSG, coas modificacións que resultasen pertinentes.

Boiro, 16 de setembro de 2022

José Ramón Romero García
Alcalde