Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Luns, 26 de setembro de 2022 Páx. 51114

III. Outras disposicións

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

DECRETO 158/2022, do 8 de setembro, polo que se aproba o cambio de titularidade duns treitos das estradas provinciais DP-0203, DP-0205 e DP-0206 a prol do Concello de Ames.

Segundo o artigo 9.4 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, os cambios de titularidade das estradas ou treitos delas, cando non se trate de travesías urbanas ou treitos delas que estean incluídos no inventario de travesías da súa Administración titular, deberán ser aprobados por decreto da Xunta de Galicia, por proposta da consellería competente en materia de estradas e logo do acordo entre as administracións afectadas.

Por outra parte, a citada Lei de estradas dispón no artigo 9.7 que os cambios de titularidade poderán abranguer estradas, treitos delas, elementos funcionais e/ou espazos da zona de dominio público adxacente.

Con data do 27 de maio de 2022 o Pleno da Deputación Provincial da Coruña aproba o cambio de titularidade a prol do Concello de Ames de varios tramos de estradas provincias: DP-0203 Bertamiráns a Augapesada, DP-0205 Bertamiráns á Ramallosa e DP-0206 Milladoiro a Biduído.

A Xunta de Goberno Local do Concello de Ames, na sesión do 31 de marzo de 2022, acorda por unanimidade os cambios de titularidade propostos.

A Axencia Galega de Infraestruturas, de acordo co informe emitido polo servizo competente, indica que os treitos das estradas DP-0203, DP-0205 e DP-0206 cumpren co estipulado no número 11 do artigo 18 do Regulamento xeral de estradas de Galicia, relativo aos cambios de titularidade de treitos de estradas a favor de administracións de menor ámbito territorial, segundo o cal estes só se levarán a cabo cando se trate de treitos terminais ou cando non impliquen a interrupción de ningún dos itinerarios de que forme parte sen que exista unha alternativa viaria, existente ou planificada, para todos eles que proporcione un nivel de servizo cando menos equivalente, a través da rede de estradas da Administración cedente ou das redes de estradas de titularidade de administracións de maior ámbito territorial. Polo que se formula a proposta favorable á transferencia de titularidade que se definen no artigo 1.

De conformidade co anteriormente exposto, por proposta da conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día oito de setembro de dous mil vinte e dous,

DISPOÑO:

Artigo 1

Aprobar o cambio de titularidade a prol do Concello de Ames de:

Clave

Denominación

Coordenadas UTM29 (ETRS89)

Coordenadas UTM29 (ETRS89)

Lonx. (km)

DP-0203_1R

Treito antigo da DP-0203 Bertamiráns a Augapesada

X= 528.035

Y= 4.746.141

X= 528.086

Y= 4.746.322

0,202

DP-0203_2R

Treito antigo da DP-0203 Bertamiráns a Augapesada

X= 528.091

Y= 4.746.657

X= 528.088

Y= 4.746.417

0,250

DP-0205

Bertamiráns á Ramallosa

X= 528.484

Y= 4.745.295

X=528.926

Y= 4.744.792

0,684

DP-0206

Milladoiro a Biduído

X= 534.398

Y= 4.743.354

X= 534.170

Y= 4.743.489

0,278

Artigo 2

De acordo co establecido no artigo 9.6 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, o cambio de titularidade será efectivo o día seguinte ao da publicación deste decreto no Diario Oficial de Galicia. A entrega dos bens formalizarase no prazo dos dous meses seguintes a esta publicación mediante a sinatura da correspondente acta de entrega entre concello e deputación.

Artigo 3

Correspóndelle ao Concello de Ames, a partir da formalización da entrega, todas as actividades de xestión, mantemento, conservación e explotación, así como o exercicio das funcións de disciplina viaria e calquera outra que puidese corresponderlle como nova Administración titular.

Disposición derradeira

O presente decreto producirá efectos desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, oito de setembro de dous mil vinte e dous

Alfonso Rueda Valenzuela
Presidente

Ethel Mª Vázquez Mourelle
Conselleira de Infraestruturas e Mobilidade