Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Luns, 26 de setembro de 2022 Páx. 51183

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

CÉDULA do 13 de setembro de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifican as resolucións do expediente sancionador incoado por infracción administrativa na orde social RL 2022/0191-4 e dous máis.

Intentada a notificación persoal e devolta polo servizo de Correos ao resultar imposible a súa práctica, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, pola presente cédula notifícaselles ás empresas que se relacionan as resolucións ditadas nos expedientes sancionadores correspondentes.

Dispoñen dun prazo de dez días hábiles, contado desde o seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado, para examinar as resolucións (que non poñen fin á vía administrativa) nas dependencias desta xefatura territorial, Servizo de Apoio ao Emprego, Emprendemento e Economía Social, Sección de Sancións, sitas na rúa Concepción Arenal, 8, 2º andar, en Vigo (Pontevedra), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no teléfono 986 81 70 11.

Fáiselles saber ás interesadas que poden formular recurso de alzada perante a Dirección Xeral de Relacións Laborais, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, de acordo co previsto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro. Advírtese que, de non interpoñelos no tempo e na forma que proceda, deberán aboar a multa imposta mediante a necesaria utilización dos impresos que poderán solicitar na Xefatura Territorial da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, no número de conta e na entidade bancaria e prazo que neles se sinala, xa que noutro caso se incoará o procedemento correspondente pola vía de constrinximento ante a Consellería de Facenda e Administración Pública.

Expediente: RL 2022/0191-4.

Acta: I362022000016251.

Empresa: Soluciones Técnicas Constructivas del Noroeste, S.L.

Enderezo: rúa Amor Ruibal, 9; Vigo.

Materia: seguridade e saúde.

Preceptos infrinxidos: artigos 4.2.d), 19 e 82.3 do texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro; artigos 14 e 19 da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais; artigos 137.1 e 4, 139 e punto 2 do anexo XII do Convenio colectivo xeral do sector da construción; artigos 4.2 e 10.1 da Lei 32/2006, do 18 de outubro, e artigo 12.1 do Real decreto 1109/2007, do 24 de agosto.

Preceptos sancionadores: artigos 12.8 e 39.6 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social.

Data da resolución: 19.8.2022.

Resolución: multa de 4.902 €.

Expediente: RL 2022/0201-4.

Acta: I362022000009985.

Empresa: Rabequin 2020, S.L.

Enderezo: rúa Ramón y Cajal, 1 baixo; Baiona.

Materia: relacións laborais.

Preceptos infrinxidos: artigos 12, 29, 34.9 e 35 do Real decreto lexislativo 2/2015 polo que se aproba o texto refundido do Estatuto dos traballadores.

Preceptos sancionadores: artigo 39 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social.

Data da resolución: 19.8.2022.

Resolución: multa de 7.501 €.

Expediente: RL 2022/0225-4.

Acta: I362022000010086.

Empresa: Rabequin 2020, S.L.

Enderezo: rúa Ramón y Cajal, 1 baixo; Baiona.

Materia: seguridade e saúde.

Preceptos infrinxidos: artigo 5.2 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social; artigo 19 da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais; artigos 4.2.d), 14, 15 e 19 do Real decreto 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores.

Preceptos sancionadores: artigos 12 e 39 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social.

Data da resolución: 19.8.2022.

Resolución: multa de 8.195 €.

Vigo, 13 de setembro de 2022

Marta Mariño Regueiro
Xefa territorial de Pontevedra