Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Luns, 26 de setembro de 2022 Páx. 51195

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Bóveda

ANUNCIO da aprobación da oferta de emprego ordinaria de 2022.

En cumprimento do artigo 70.2 do Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, faise público que, de acordo co artigo citado e co artigo 91 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, mediante a Resolución de Alcaldía núm. 2022-0499, do 20 de setembro de 2022, aprobouse a oferta de emprego público do Concello de Bóveda para o ano 2022, que comprende as prazas de persoal laboral fixo e funcionario de carreira dotadas orzamentariamente que se relacionan a continuación:

Núm. vacantes

Denominación

Escala/subescala

Grupo

Tipo de persoal

Sistema de acceso

1

Axente de emprego e desenvolvemento local

Escala de Administración xeral

A2

Persoal laboral fixo

Concurso-oposición libre

1

Operario de servizos múltiples

Persoal de oficios

AP

Persoal laboral fixo

Concurso-oposición libre

1

Administrativo-adxunto de Intervención

Escala de Administración xeral

C1

Funcionario de carreira

Concurso-oposición libre

Bóveda, 20 de setembro de 2022

José Manuel Arias López
Alcalde