Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Martes, 27 de setembro de 2022 Páx. 51481

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

ORDE do 15 de setembro de 2022 pola que se anuncia a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nesta consellería.

De conformidade co establecido no artigo 92 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e no artigo 16 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, e no uso das atribucións conferidas polo artigo 17.2.c) da citada lei, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Anunciar a convocatoria para cubrir, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante que se relaciona no anexo I desta orde.

Segundo. Poderán concorrer a ela o persoal funcionario de carreira que reúna as condicións para o posto de traballo que se sinala no anexo I.

Terceiro. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado correspondente ao procedemento administrativo PR004A, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal, mediante o cal se achegará a solicitude segundo o modelo que se inclúe no anexo II, no prazo de quince (15) días contados a partir do seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Para a presentación electrónica poderase empregar calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e chave Chave365 (https://sede.xunga.gal/chave365).

Cuarto. As persoas aspirantes deberán xuntar á súa solicitude un currículo e xustificar mediante certificación ou copia compulsada os méritos que aleguen.

Quinto. Esta convocatoria será resolta pola Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades. No caso de que resulte seleccionada para ocupar o posto de traballo que se anuncia no anexo I desta orde unha persoa funcionaria de carreira con destino noutra Administración pública, tramitarase o seu traslado a esta comunidade autónoma conforme o previsto no artigo 67 do Real decreto 364/1995, do 10 de marzo, e demais disposicións concordantes.

Sexto. A resolución desta convocatoria publicarase no Diario Oficial de Galicia e poderase declarar deserta de considerarse oportuno.

Sétimo. O prazo de toma de posesión será de tres días hábiles se non implica cambio de residencia ou de sete días hábiles se comporta cambio de residencia. Cando a persoa adxudicataria do posto obteña coa súa toma de posesión o reingreso ao servizo activo, o prazo será de vinte días hábiles.

O prazo posesorio cóntase a partir do día seguinte ao do cesamento, que deberá producirse dentro dos tres días hábiles seguintes ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia, ou desde a data na que se comunique a resolución do traslado á Comunidade Autónoma, para o caso do persoal funcionario de carreira doutras administracións públicas. Se a resolución comporta o reingreso ao servizo activo, o prazo de toma de posesión cóntase a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia.

Oitavo. Contra a presente orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderán impugnala directamente perante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 15 de setembro de 2022

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional
e Universidades

ANEXO I

Código do posto: ED.C99.50.101.15001.001.

Denominación do posto: director/a biblioteca.

Centro de destino: Biblioteca da Coruña.

Localidade: A Coruña.

Tipo de posto: S.

Corpo ou escala: especial (escala de facultativos de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade bibliotecas/especial (escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade bibliotecas).

Grupo: A1-A2.

Nivel: 26.

Complemento específico: 14.717,54 euros.

Tipo de adscrición: (AXG) adscrición exclusiva a funcionarios/as da Xunta de Galicia.

missing image file