Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Martes, 27 de setembro de 2022 Páx. 51579

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Sarria

ANUNCIO do proceso selectivo de tres prazas de administrativo por promoción interna.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo número 209, do 12.9.2022, publícanse integramente as bases do proceso selectivo para a provisión, como funcionario de carreira, de tres prazas incluídas na oferta de emprego público do ano 2022 como administrativo de Administración xeral, promoción interna, polo sistema de concurso-oposición.

De conformidade co previsto nas referidas bases, o prazo para presentación de solicitudes será de 20 días naturais contados a partir do seguinte a aquel en que apareza publicado o extracto da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios realizaranse na sede electrónica da web municipal: https://sarria.sedelectronica.es

Sarria, 21 setembro de 2022

Claudio Melquiades Garrido Martínez
Alcalde