Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Mércores, 28 de setembro de 2022 Páx. 51643

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

ANUNCIO do 20 de setembro de 2022, da Xerencia da Área Sanitaria de Ferrol, polo que se modifica o Anuncio do 10 de setembro de 2022 polo que se convoca a provisión, polo sistema de concurso de méritos, dun posto de xefe/a de grupo-área de cociña.

Advertido erro no citado anuncio publicado no Diario Oficial de Galicia número 178, do 19 de setembro de 2022, cómpre efectuar a seguinte corrección na páxina 48950:

Onde di: «Anunciar a convocatoria, para a súa provisión polo sistema de libre designación, dun posto de xefe/a de grupo-área de cociña da Xerencia da Área Sanitaria de Ferrol.», debe dicir: «Anunciar a convocatoria, para a súa provisión polo sistema de concurso de méritos, dun posto de xefe/a de grupo-área de cociña da Xerencia da Área Sanitaria de Ferrol.».

Ampliar o prazo de presentación de solicitudes en vinte (20) días naturais, contados a partir do seguinte ao da publicación da presente corrección no Diario Oficial de Galicia.

Ferrol, 20 de setembro de 2022

Ángel Facio Villanueva
Xerente da Área Sanitaria de Ferrol