Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Mércores, 28 de setembro de 2022 Páx. 51680

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 14 de setembro de 2022, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se dá publicidade de resolucións de modificación de autorizacións ambientais integradas e de correccións de erros.

De conformidade co disposto no artigo 24.2 do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 316, do 31 de decembro), dáselles publicidade ás seguintes resolucións:

Instalación: fábrica de pensos compostos e planta de transformación de leite e derivados

Procedemento: modificación non substancial

Titular: Cooperativas Lácteas Unidas, S.C.G.

Titular: Neo Ames, S.L.U.

Núm. rexistro AAI: 2007/0059_NAA/IPPC_115

Localización: concello de Ames (A Coruña)

Expediente: 2022-IPPC-M-89

Instalación: planta de elaboración de ferraxes e fixacións

Procedemento: modificación do plan de vixilancia ambiental

Titular: Industrial Recense, S.L.

Núm. rexistro AAI: 2006/0359_NAA/IPPC_068

Localización: concello da Pontenova (Lugo)

Instalación: explotación porcina de porcos de ceba

Procedemento: corrección de erros

Titular: Manuel Fonseca Díaz

Núm. de rexistro AAI: 2008/0161_NAA/IPPC_242

Localización: O Valadiño, concello de Sandiás

(Ourense)

Expediente: 2019-IPPC-M-088

Instalación: planta de brillo químico e coloreado orgánico do aluminio

Procedemento: modificación do plan de vixilancia ambiental por cesamento temporal da actividade

Titular: Aluminios Cortizo, S.A.

Núm. de rexistro: 2004/0264_AIA/IPPC_089

Localización: concello de Padrón (A Coruña)

Estas resolucións poderán consultarse en https://cmatv.xunta.gal/busca-de-expedientes-da-autorizacion-ambiental-integrada ou presencialmente na Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático (Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, rúa de San Lázaro, s/n, 2º andar, 15781 Santiago de Compostela).

Santiago de Compostela, 14 de setembro de 2022

María Sagrario Pérez Castellanos
Directora xeral de Calidade Ambiental,
Sostibilidade e Cambio Climático