Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Mércores, 28 de setembro de 2022 Páx. 51690

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

ANUNCIO do 15 de setembro de 2022 de emprazamento para o acceso á información pública número 608 e traslado da solicitude de información á persoa interesada no expediente sancionador e de reposición da legalidade POL/105/2017-RP1.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, publícase o emprazamento dirixido á persoa interesada co DNI 36129494J no expediente sancionador e de reposición da legalidade tramitado pola Axencia de Protección da Legalidade Urbanística POL/105/2017-RP1, para alegacións durante quince días hábiles, conforme o disposto nos artigos 27 da Lei do Parlamento de Galicia 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e 19 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, respecto da solicitude de acceso á información pública mediante copia do devandito expediente formulada ao abeiro das devanditas leis, que se está a tramitar co número 608.

Conforme o disposto nos artigos citados das leis de transparencia e acceso á información pública, o traslado da solicitude de información á persoa interesada implica a suspensión do prazo para resolver ata que se reciban as alegacións ou transcorra o prazo concedido para a súa presentación.

O expediente POL/105/2017-RP1 e o expediente de acceso á información pública número 608 atópanse á disposición da persoa interesada na Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, situada na rúa dos Camiños da Vida s/n, Edificio Witland, 1º andar, en Santiago de Compostela (provincia da Coruña), para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

A persoa interesada disporá dun prazo de 15 días hábiles, contados a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación deste anuncio, para alegar e presentar os documentos e informacións que considere pertinentes.

Para que conste e lle sirva de notificación á citada persoa, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino este anuncio.

Santiago de Compostela, 15 de setembro de 2022

Jacobo Hortas García
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística