Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Mércores, 28 de setembro de 2022 Páx. 51708

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Rianxo

ANUNCIO do proceso selectivo dunha praza de técnico/a de administración xeral para a secretaría (funcionario/a de carreira).

No Boletín Oficial da provincia da Coruña número 171, do 8 de setembro de 2022, publicáronse integramente as bases que rexerán o proceso para seleccionar un/unha funcionario/a de carreira nunha praza de técnico/a de administración xeral para secretaría, pertencente á escala de administración xeral, subescala técnica, clase técnico superior, polo sistema de oposición por quenda libre.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais, contados desde o seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial del Estado.

O anuncio das listas provisionais de admitidos e excluídos e a lista definitiva publicarase no Boletín Oficial da provincia da Coruña, no taboleiro de anuncios e na páxina web do concello. Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria faranse públicos conforme o establecido nas citadas bases.

Rianxo, 9 de setembro de 2022

Adolfo Muíños Sánchez
Alcalde